GMH/ÍNDICE A-Z

837
1381, xuño, 21. Lugo
O Cabido de Lugo afóralle a Lope Afonso e a dúas voces unha casa na rúa da Tanaria, freguesía da capela de San Pedro, por renda anual de 15 marabedís e a obriga de construír un sobrado con balcón.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 81v.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos o dayan et cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en cabidoo enno coro da dita iglesia, segundo que avemos de huso et de custume, damos et outorgamos aforo et avervo a vos Lopo Afonso do Candaal, criado de noso sennor obispo de Lugo, por en toda vosa vida et a duas persoas a pus vosa morte a huna qual vos nomeardes et a outra qual nomear aquela persoa que vos nomeardes en vosa vida ou a tempo de voso finamento, a nosa casa que he dos aniversarios que esta en Lugo enna rua da Tanaria, sub signo da capela de San Pero, a qual casa esta entre outra casa de San Laçero, que ora ten Garcia Afonso da Porta Minaa, et da outra parte en huna praça que ora ten Rodrigo Yanes Estança que he das suas cassas, a a tal condiçon que reparedes a dita casa d’aquellas lavores que lle feser mester et façades en ella hun sobrado que aia hun balcon contra a cortina, que ora ten Fernando Domingues Teyxeyro, en estes primeyros çinquo annos seguentes, et dedes de renda et foro della a os ditos aniversarios da dita iglesia quinse moravedis longos, d’oyto en soldo o moravedi, sen desconto algun en cada hun anno por dia de Natal, et a morte da postrimeyra persoa que a dita casa fique livre et quita et desenbargada et feyta con o dito sobrado a os aniversarios da dita iglesia con todos los boos paramentos que en ella foren feytos.

Et eu, o dito Lopo Afonso, que presente estou asy o reçebo de vos, o dito dayan et cabidoo, o dito foro et vervo da dita casa, et obligo meus beens et das ditas persoas de faser et comprir et pagar as cousas sobreditas en quanto a min et a ellas perteesçe.

Et nos, os ditos dayan et cabidoo, asy vos-lo outorgamos, et que esto seia çerto rogamos a Fernando Peres, notario publico de Lugo, que fesese desto duas cartas en hun tenor et signadas con signal, a huna para nos o dito dayan et cabidoo et a outra para vos o dito Lopo Afonso seellada con noso seello.

Que foron feytas en Lugo, viinte et hun dias de junyo, era de mill et quatroçentos et des et nove annos.

Testemoyas que foron presentes: don Johan Afonso, dayan; et don Gonçalvo Yanes, chantre; et don Rodrigo Afonso, arçidiago de Deça; et don Pero Aras, arçidiago de Triacastela; et don Thomas Gomes, juys; et don Diego Gomes, thesoreyro; et Fernando Peres, et Roy Lopes, et Afonso Ferrnandes, et Roy Lopes, et Diego Lopes, todos coengos; et Afonso Yanes, et Jacome Ferrnandes, raçoeyros; et Garçia Rodrigues, et Afonso Yanes, et Afonso Ferrnandes, sancristan, coengos de aniversario; et Rodrigo Yanes de Burela; et Fernando Peres, fillo de Pero Andreu; et Lopo Peres, porteyro do cabidoo, et outros.