GMH/ÍNDICE A-Z

909
1412, xuño, 5. Lugo

Leonor López dóalle ó Cabido de Lugo unha casa na rúa da Ferraría para a celebración dun aniversario.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, f. 150 r.


   

Ano do nasçemento de noso senor et salvador Jhesu Christo de mill et quatroçentos et dose anos, çinquo dias do mes de junyo.

Estando en a iglesia cathedral de Santa Maria do dito lugar en cabidoo por campaa tangida, segundo que han de uso et de custume, as persoas et coengos et benefiçiados da dita iglesia de Lugo que foron presentes, et en presença de min notario et testemoyas adeante escriptas, paresçeu ende personalmente Lionor Lopes, muller que fuy de Roy Lopes, mercador, vesino que fuy de Lugo, non endusida por engano nen costrengida por força mays de sua propia et libre voontade irebrabiliter para senpre, et por la mellor maneyra et forma que podia et devia de dereito, diso que dava et deu logo a os aniversarios da dita iglesia en pura dadiva et doaçon como mellor podia et poder valer entre vivos, huna sua casa que esta en a rua da Ferraria, que parte con outra cassa do Moesteyro de Villar de Donas, a qual dita cassa diso que dava et desenbargava a os ditos aniversaryos da dita iglesia por amor de Deus; et rogou et pedeu a os benefiçiados da dita iglesia que lle disesen, en cada hun ano, en outro dia de Santa Maria de agosto hun aniversario et lle disesen huna missa con seu responso en a Capella da Treydade. Et logo as ditas persoas et coengos et benefiçiados da dita iglesia diseron que reçebian a dita doaçon et casa para os ditos aniversarios da dita iglesia, et que obligavan sy et seus suçesores a faser diser cada ano a dita missa et responso. Et a dita Lionor Lopes diso que asy la dava et outorgava et obligava sy et seus bees para lle faser a dita cassa a todo tempo de pas. Et desto en como pasou as ditas partes mandaron a min notario faser hun instrumento o mays çerto que se podese notar notar (sic), ou mays quantos comprisen non mudando a sustançia.

Feyto en o dito lugar os sobreditos ano et dia et mes.

Testemoyas que foron presentes: Johan Rodrigues, arçidiago de Deçon, vigario; Johan Gomes, thesoreyro; Afonso Ferrnandes, Roy Lopes, Juan Lopes, Afonso Teixeiro, Fernando Rodrigues, coengos; Pedro Ferrnandes, Fernando Ferrnandes, Afonso Ares, raçoeyros.

Et eu Pedro Fernandes de Silvarrey, notario publico da çiudade de Lugo por la autoridade do senor Obispo et iglesia dese lugar, a esto que dito he con as ditas testemoyas presente foy et esta carta por rogo et mandado da dita Lionor Lopes fiz scripvir et aqui puge meu signal en testemoyo de verdade que tal he. (signo)
Pedro Ferrnandes, notario.