GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1104
1456, abril, 14 mércores. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Roi López e a dúas voces unhas herdades maila cuarta parte dunha casa en Rebordaos e en Goián, freguesía de San Vicente de Veral, por renda de oito marabedís anuais.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 4 r.
   

Saban quantos esta carta de foro viren como nos o cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo por son de canpana tangida, segundo avemos de uso et de costume, dentro en a dita iglesia açerca da porta por donde soben a os orgoos da dita iglesia entendendo que fasemos noso proveyto et de nosos suçessores aforamos et damos aforo et avervo a vos Roy Lopes, fillo de Lopo Afonso, mercador que foy, et a outras duas personas despoys de vos, huna qual vos nomeardes en vosa vida ou a tempo de voso finamento et outra qual nomear aquela personas que por vos for nomeada, et a terçeyra que seia aquella persona que for nomeada por la segunda persona, as nosas herdades et a quarta parte de huna casa que deu Aldara Calva, cuia alma Deus aia, a os aniversarios da dita iglesia; as quaes herdades et quarta parte de casa iasen et son locadas en Rebordaos et en Goyan en a fiigresia et sub o signo da iglesia de San Viçenço de Veral, a tal pleito et condiçon que vos et as ditas personas tenades a dita casa levantada, cuberta et en boo paramento, et as ditas herdades ben labradas en tal maneyra que se non vaan a monte por mingoa de laboria; et dedes de foro vos et as ditas personas en cada hun ano por ellas a nos, ou a noso rendeyro et colledor das rendas et foros dos ditos aniversarios, oyto maravedis de moneda vella de longos por dia de San Martino de nobembre postos en pas et en salvo en esta ciudade de Lugo, et a finamento da postremeyra persona que suçeder en o dito foro que a dita parte da dita casa fique levantada, et as ditas herdades labradas et en bon paramento libres et desenbargadas con todos los boos paramentos que en elas foren feytos a nos, o dito cabidoo, et a nosos suçessores, et demays que cada huna das ditas personas que suçederen en o dito foro despoys de vos que do dia que en el suçeder por foreyra fasta triinta dias logo siguentes vena mostrarse por persona do dito foro a nos, o dito cabidoo, sub pena que se o asi non feser que por ese mesmo feyto perga o dito foro.

Et eu, o dito Roy Lopes, que presente sou asi reçebo o dito foro de vos, o dito cabidoo, por los modos, maneyras et condiçoes sobreditas, et obligo a min et a meus beens et das ditas personas de teer, complir et atender et pagar todo o susodito segundo et en a maneyra que se en esta carta de foro conten.
Et nos, o dito cabidoo, asi vos lo outorgamos et porque seia çerto outorgamos et mandamos delo faser duas cartas de foro anbas en hun tenor por lo notario iuso escripto huna para vos, o dito Roy Lopes, et vosas personas et outra para nos, o dito cabidoo, et nosos suçessores, et por mayor firmeça mandamos seelar con noso seelo pendente a carta de vos, o dito Roy Lopes.

Que foy feyta et outorgada en a dita ciudade de Lugo en a dita iglesia et lugar, dia quarta feyra, quatorse dias do mes de abril, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et çinquoenta et seys anos.
Testigos que foron presentes et outorgaron o dito foro: Gonçalvo Peres de Carballido, arçediano de Sarrea; Gonçalvo Rodrigues de Parga, thesoreyro; Rodrigo Afonso, Gomes Vasques, Juan Vidal, Juan Ares, Diego Vasques, Lopo Garçia, Rodrigo Afonso das Camoyras et Pero Mendes, coengos da dita iglesia de Lugo.

Et eu Pedro Afonso, canonigo et notario publico da dita ciudade et obispado de Lugo por lo senor Obispo et iglesia desse lugar, a todo o suso contiudo con os ditos testigos presente foy et esta carta de foro por outro fige escrivir seendo eu ocupado de outros negoçios, et aqui puge meu nonme et signal acostumado en testemoyo de verdade que he tal, rogado et requerido.

Petrus Alfonsi, canonicus et notarius.