GMH/ÍNDICE A-Z

153

1420, agosto, 12.
O Concello manda a Martín Serpe e Afonso Fernández, rexedores que examinasen os libros polo que se recadaban os impostos da cidade e se informaran de cantos maravedís fallaban dos 30.000 da dita renda, e que eses fallos se repartiran entre as distintas colacións da cidade, e que as colacións as repartiran entre os habitantes delas.

Dose dias do mes de agosto estando Juan Fernandes Abril, alcalle, e Fernan Gonçales do Preguntoiro, Afonso Fernandes Abril, Martin Galos, Martin Serpe regidores jurados e omes bõos da cidade de Santiago juntados en cosistorio ante as portas (da notaria) de Rui Martines, notario da dita çidade e en presença de min Fernan Yanes, notario, etc. e escusador etc. e dos testemoyas infrascriptos enton os sobreditos diseron que davan e deron poder cunplido aos ditos Martin Serpe e Afonso Fernandes, para que podesen veer os infintos e encanamas e copia deles porque se agora recabdava a renda enna dita çidade e soubesen quantos maravedis faleçian dos triinta mill maravedis da dita encanama e os maravedis que asi acharen que faleçesen para que en conprimento dos ditos triinta mill maravedis que os podesen repartir por las colações da dita çidade segundo a eles ben visto fose e tomase sobrelo acordo con as personas que eles quisesen e a copia que do tal repartimento por eles feito fose dado aas colaçoes (en que eles repartisen os taes moravedis) que mandavan e mandaron que os reçebesen os moradores das ditas colações e os repartisen entre sy e de seu repartidos para que os procuradores do dito conçello podesen recabdar os taes maravedis con os outros maravedis da dita encanama e o que por eles fose feito e repartido que o outorgavan e avian por firme e valedeiro. Testemoyas: Juan Dominges de Liñares, procurador do dito conçello e  Pero Yanes Abraldes e Juan Bugeirete e Vasco Gomes de Marçoa vesiños da dita çidade e Juan Serpe, fillo do dito Martin Serpe.