GMH/ÍNDICE A-Z

64

1418, xaneiro, 8.
O Concello nomea fieis da alcabala do viño a Ares Chantreiro, Juan Ares do Vilar e Pedro Gómez, substituíndo a Rodríguez Yanes e Alfonso Rodríguez, ós que consideran que non eran abonados para usar dita fieldade.
O Concello acorda remover á alcabala da carne a Juan Martínez do Vilar.
Noméase fiel da carne a García Eanes, cambiador, no sitio de Pedro Gómez Cequelo.
O Concello designa a Juan Durán como fiel da alcabala do peixe.
Noméase para a alcabala da zapatería ó zapateiro Juan de Ferreira.
En vista de que Gómez de Baltar, veciño de Santiago, dixera que ía morar a outra parte, noméase en fieldade de cerería, para substituílo, a Rui Pérez de Valladares.

Sabado oyto dias do mes de janeiro este dito dia, seendo o conçello, alcalles et regidores jurados et omes bõos da çidade de Santiago, juntados enno sobrado da notaria de min Rui Martines, notario da dita çidade por crida de anafil segundo an de uso et de costume, presentes ende Martin Galos et Juan Ares da Cana, alcalles //
(Fol. 28 vº)
enna dita çidade et Gomes Rodriges, bachiller en Decretos, Martín Serpe, Afonso Fernandes Abril, Alvaro Afonso Juliate, regidores jurados enna dita çidade et en presença de min o dito notario et das testemoyas adeante escritas, logo enton o dito conçello, alcalles et regidores sobre ditos diseron que por quanto eles ouveran posto por fiẽes enna alcavala do viño da dita çidade deste dito anno a Rodrigo Yanes criado de Ares Fernandes do Vilar et Adefon Rodriges criado de Juan Fernandes de Canas, coengo de Santiago et os ditos Afonso Rodriges et Rodrigo Yanes non eran contiosos nen aboados para husar da dita fieldade nen quiseron dar fianças para dar conta con pago de todo aquelo que recabdasen durante o tenpo de sua fieldade a os arrendadores da dita renda ou a aquel que ouvese de aver por noso señor el rey et outrosi por quanto os sobreditos diseran que non podian usar da dita fieldade et que se querian absentar a outras partes, por ende que eles entendendo que era serviço do dito señor rey et prol de suas rendas que quitavan et amovian a os ditos Rodrigo Yanes et Afonso Rodriges da dita fieldade et que lles mandavan que no husasen dela et que agora novamente poynan por fiẽes enna dita renda a Ares Chantreiro et a Juan Ares do Vilar, canbeadores et a Pero Gomes, mercador enna Rua do Çiquelo, visiños da dita çidade et que poynan estes tres fiẽes enna dita renda por quanto entendian que era serviço do dito señor rey et prol de suas rendas segundo dito avian et por que a esta dita çidade viina todo o viño de carreto por moytas et diversas portas et era deficele de gardar et escrivir o dito viño a dous fiẽes. Outrossi diseron que por quanto entendian que era serviço do dito señor rey et prol de suas rendas que tiravan et amovian a Juan Martines do Vilar, criado de Alvaro Afonso Juliate, da fieldade da alcavala da carne et que o poynan et poseron por fiel enna alcavala do pescado da dita çidade a Juan Duran, da qual renda diseron que quitavan et tiravan ao dito Pero Gomes do Ciquelo que en ela fora posto por fiel et que en lugar del  poynan por fiel enna dita alcavala da carne a Garçia Eanes canbeador et porque a dita renda fose mellor gardada que cadian con os ditos Vaasco Rodriges et Garçia Eanes a Juan Abraldes vesiño da dita çidade et outrosi que cadian por fiel enna alcavala da çapataria con Gonçalvo de Castro et Afonso da Torre a Juan de Ferreira, capateiro, vesiño da dita çidade. Outrosi diseron que por quanto Gomes de Baltar vesiño da dita çidade disera que entendia yr a outras partes et que non quisera nen queria açeptar a a alcavala da çera da dita çidade et que poseran por fiel por ende que o quitavan et amovian dela et que mandavan que usase da dita fieldade Rui Peres de Valadares que en ela ouveran posto por fiel. Esto fui enno dito lugar et dia et mes et anno sobreditos. Testemoyas que a esto foron presentes: Fernand Ares Xarpa, Vaasco Fernandes Troquo, Pero Yanes Abraldes, Martin Rodriges do Vilar, Juan Ares Chantreiro, Juan Rodriges do Çiquelo, vesiños da dita çidade. //
(fol. 29)