GMH/ÍNDICE A-Z

322
1335, febreiro, 12
Aldara Rodríguez véndelles a Diego Fernández e á súa muller a terceira parte da súa herdade en Sobrado, freguesía de San Pedro de Santa Cruz, e dúas partes dunha casa en Recesende por 50 marabedís.
MADRID, AHN, Carp. 1332 E/1, perg. orix., galego, gótica cursiva, 230x67 mm.

Sabeam quantos esta carta viren commo eu Aldara Rodrigues, filla que fuy de Gonçalvo Rodrigues de Recesende et de Maria Eanes, vendo a vos, Diego Ferrnandes de Neyra et a vosa muller Tareyia Ferrnades, a terça de quanta herdade et vos avia este meu padre, Gonçalvo Rodrigues et Maria Eanes mia nana, en Sobrado, a montes et a fontes, et en todos los lugares que a vos posades achar, asy commo vay su syno de San Pero de Santa Clus, et vendo-vos as duas partes da casa que foy de Gonçalvo Rodrigues en Recesende, a qual casa he do abango, que he meu quinon et de Sancha Rodrigues. Et reçebi de vos en preço por esta vençon sobredita Lª maravedis dos dyneyros da moneda del rey don Affonso, dos quaes me eu outorgo por ben pagada et outorgo por min et por todas minnas boces a fazervo-la de pas a todo tenpo.

Feyta a carta XII dias de frebeyro, era de mill et CCCLXXIII anos.

Testemoyas: Lopo Aras de Furis; et Vasco Rodrigues, morador en Castro Verde; et Fernan Ferrnandes d’Escouto; et Aras Peres d’Arroyo; et Affonso Rodrigues de Gondian et outros.

Et eu Garcia Tello, notario na Prova de Neyra en lugar de Françisco Martines, notario publico del rey en esta Prova sobredita, a esto fuy presente et por mandado das partes escrivi esta carta et puge en ella meu synal que he tal semelaville a de Françisco Martines, en testemoyo de verdade. (+).