GMH/ÍNDICE A-Z

167

1453, outubro, 11. Vilamaior-Mondoñedo.
O procurador do Cabido da Catedral de Mondoñedo outorgou instrumento polo que aceptou o beneficio de Vares, que o bispo don Alonso de Segura unira á Mesa Capitular da devandita Catedral, en virtude da bula do papa Nicolás V.
A, papel, con signo notarial, de 190 x 270 mm. Letra semigótica caligráfica.
Ref.: flórez, vol. xviii, p. 201.
Anno do nasçemento de noso sennor Jesucristo de mill et quatroçentos et çinquenta et tres annos onse dias do mes de outubro estando dentro enna / iglesia cathedral da çibdade de Vilamayor en presença de min notario et dos testigos de jusoescriptos paresçeu personalmente Gonçaluo Peres de La/brada canonigo enna dita iglesia procurador dos sennores dean et personas et cabidoo da dita iglesia et diso que por quanto oje este dito dia o reuerendo / sennor don Afonso de Segura obispo da dita iglesia por vertude de vn poder a el dado et outorgado por lo moy santo Padre Nicolao papa quinto moderno / vnira et anexara a la mesa caapitolar desta dita iglesia quatroçentas libras segundo que mays conplidamente se contina enna bulla apostolica et poder / outorgado ao dito sennor obispo et proçeso por el fulminado et agora viera a sua notiçia nouamente que Vaasco Fernandes canonigo que fora da iglesia de / Ourense et benefiçiado das duas terçias partes sen cura da iglesia de santa Maria de Vares sita enna diocesis desta dita iglesia falesçera desta presente / vida que el asy como procurador dos ditos sennores dean et cabidoo et commo canonigo da dita iglesia diso que açeptaua et açeptou en nome / dos sobreditos et da dita mesa capitolar da dita iglesia aas ditas duas terçias partes sen cura da iglesia de santa Maria de Vares segundo que va/caran por morte do dito Vaasco Fernandes et en outra qualquer maneira et modo que de presente esteuesen vacas con todos los froytos desemos ren/tas et ouvençiones aas ditas duas terçias partes sen cura da dita iglesia pertesçentes segundo et commo millor podia de dereito et en outra / qualquer maneeira por vertude da dita bulla et proçeso sobrela fulminado por lo dito sennor obispo. Et de commo açeptaua as ditas duas terçias / partes sen cura da dita iglesia segundo susodito he diso que pedia et pedeu a min dito notario que llo dese asy signado para garda et conserua/çon do dereito dos ditos sennores dean et cabidoo et da dita mesa capitolar et seu en nome deles et que rogaua et rogou a los presentes / que fosen delo testigos. Que foy dentro feito enna dita iglesia anno era mes dias et lugar susoditos. Testigos que foron presentes Diego Fernandes / Marmolejo mestrescola da dita iglesia et Aluaro Afonso de Pequin liçençiado en decretos thesoureiro da dita iglesia et Ares Peres notario vesino da / dita çibdade et outros.
Et eu Pedro Fernandes raçoeyro enna dita iglesia de Mondonedo notario publico por la abtoridade apostolica a todo / esto que sobredito he en vn con os sobreditos testigos presente foy et esta escriptura aqui deçima conthiuda / por minna mao escriui et aqui a pedimento do dito Gonçaluo Peres canoigo et procurador susodito / estes meus signo et nome fige que taes son en testimonio de verdade rogado et requerido. Petrus Fernandi porcionarius et notarius (Rúbrica. Signo).

(Reverso):
A. nº 9. A. 74. Aceptaçion de Vares.