GMH/ÍNDICE A-Z

183

1462, abril, 26. Vilamaior-Mondoñedo.
Escritura de foro que o administrador de Vilamaior, co consentimento do Cabido, fixo a favor do cóengo Xoán Fernández de Anca de toda a viña das Oliveras, sita en Vilamaior-Mondoñedo.
A, perg., con signo notarial, de 175 x 390 mm. Letra cortesá.

In Dei nomine. Amen. Saban quantos esta carta de foro viren commo eu Gonçaluo Peres de Labrada canoigo enna iglesia de Mondonedo administrador da administraçon e Villamayor por / los sennores dean et personas canoigos benefiçiados et cabidoo da dita iglesia de Mondonedo et de consentimento et espeçial mandato dos sennores don Rui Sanches de Padilla bachiller en Decretos dean et Pedro Fernandes /d-Andrade arçediano de Trasancos Aluaro Afonso de Pequin liçençiado en Decretos Francisco Lopes Rui Gonçalues Pedro Martines Diego de Hoyos Gonçaluo Yanes Pedro Afonso Martin Vaasques Johan Fernandes d-Anca Vaasco das Seixas / Pedro Ares Vaasco Martines Juan de Galegos canoigos et Diego Rodrigues Garçia d-Estoa Juan Yanes raçoeyros enna dita iglesia que estauan ende ajuntados a faser cabidoo dentro enno coro da dita iglesia lues viinte et seis dias / do mes de abril aa sayda da Prima do dito dia anno do nasçemento de noso sennor Jesucristo de mill et quatroçentos et seseenta et dous annos et por esta presente carta entendendo que fago prol et proueito / da dita administraçon et do dito cabidoo aforo et dou a foro a vos o dito Juan Fernandes d-Anca canoigo enna dita iglesia por en toda vosa vida et a outras duas personas depois de vos que vos nomeardes / en voso testamento ou que ficar herdeiro ennos vosos beens ou a mayor parte deles desçendentes de vn en outro conuen a saber que vos aforo et dou en foro et aas ditas personas depois de vos duas toda / a vina das Oliueras que he da dita administraçon que vos o dito Juan Fernandes d-Anca agora labrades commo se departe da hua parte da congosta que ven da rua dos Ferreiros et vay arredor da çerca da dita çib/dade para a rua do Pumar et da outra da outra (sic) da orta que labra Aluaro Capelan que he da dita administraçon et da outra da congosta que vay do Pumar para a Malataria et da outra de çima da vina do / Cabidoo et avedes de poer enna dita vina onde esta hermo vn jornal de vina madeirada et prouada et vos et vosas voses que suçederen depois de vos enna dita vina avedes de labrar a dita vina et prouar/la ben asy de pees commo de madeira a vista de labradores por la qual avedes de dar a min o dito Gonçaluo Peres et aos outros administradores da dita administraçon que vieren depois de min o sesmo de quanto / vino Deus der enna dita vina partido por lo çesto et leuarlo ao lagar onde feseren o dito vino da dita administraçon vos et as ditas vosas voses en cada un anno. Et eu o dito Juan Fernandes d-Anca canoigo por / min et por las ditas duas voses asi reçebo o dito foro da dita vina que me vos o dito Gonçaluo Peres administrador con consentemento das ditas personas et cabidoo fasedes a min et aas ditas duas personas por los / modos et condiçoes suso ditas et segundo que vay limitada et me obligo et a todos meus beens ecclesiasticos et seglares et os beens das ditas duas personas depois de min subçedentes enna dita / vina et conplir et abreger todo o de suso aqui conthiudo et declarado. Et eu o dito Gonçaluo Peres administrador con consentemento et mandado dos ditos senores dean personas et cabidoo asi / vos outorgo et fago este dito foro et as ditas voses da dita vina segundo dito he por los modos et condiçoes suso ditos. Et o falesçemento de vos et das ditas duas personas que fique libre / et desenbargada a dita vina con todo seu benfeito ao administrador da dita administraçon et ao dean personas et cabidoo. Et desto todo en commo pasou o dito administror dean et personas et / cabidoo et o dito Iohan Fernandes d-Anca canoigo pediron a min infrascripto notario que lles <dese> delo vn publico instromento ou mays quantos lles conplisen signado de meu signo et nome por maneira / que faga fe et rogaron aos presentes que fosen delo testigos. Esto foy todo et pasou asi enno sobredito lugar os sobreditos anno mes et dia. Testimoyas que foron presentes los sobreditos raçoeyros Lopo Afonso / Juan de Moar Felipe et Afonso Yanes clerigos de coro da dita iglesia.
Et eu Pedro Fernandes raçoeyro enna dita iglesia notario publico por la abtoridade apostolica et notario eso meesmo do dito cabidoo a todo esto que sobredito he / en vn con os sobreditos testigos presente foy et este instromento de foro segundo que aqui ençima vay escripto por minna mao escripui aqui de mandado et / rogo et requerimento dos sobreditos administrador dean personas et cabidoo et do dito Juan Fernandes d-Anca canoigo este meus signo et mone fige que taes / son en testimonio de verdade rogado et requerido. Petrus Fernandi porcionarius notarius (Rúbrica). (Signo).

(Reverso):
M. viiiº n. 14. Fuero de vnas huertas en la rua dos Ferreiros.