GMH/ÍNDICE A-Z

1345
1482, xullo, 24 mércores. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Xoán de Carballido, ó seu fillo e a tres voces unha casa na rúa Nova por renda anual de trinta marabedís.

MADRID, AHN, Carp. 1337 nº 5, perg. orix., galego, cortesá, 270 x 350 mm; Cód. 419 B, f. 77 r.

Sepan quantos esta carta de fuero virem como nos as personas canonigos et benefiçiados da iglesia de Lugo, que abayxo seran nombrados, seendo juntados en noso cabildo dentro en a Capela de San Vertolameu, segundo que avemos de uso et de custume, de consintimento et outorgamento de Juan Fernandes, clerigo do coro da dita iglesia, rendeyro prinçipal dos aniversarios da dita iglesia, aforamos et damos en foro a vos Juan de Carballido, çapateyro et visino da dita çiudade de Lugo, et a voso fillo, Johane de Amorin, neto de Afonso Peres de Roças, et a outras tres personas despoys do postrimeyro de vos, huna qual o postromeyro de vos nomear en sua vida ou a o tempo de seu finamiento, et non seendo nomeada que seia persona deste foro quen herdar os bees do postromeyro de vos ou a mayor parte deles, et asi das outras personas de grado en grado suçesibemente ata que seian feneçidas et acabadas as ditas tres personas despoys do postromeyro de vos. Conben a saber que vos aforamos huna nosa casa, que he dos aniversarios da dita iglesia, a qual he sita et locada en esta çiudade de Lugo en rua Noba, et da huna parte contra a Porta Noba esta outra casa que he dos fillos de Juan de Alveyros, et da outra parte contra a çiudade esta outra casa de Aldara Guerra, su o signo da Capela de San Pedro da dita çiudade de Lugo, et topa en a rua publica. A qual casa vos aforamos con suas entradas et saydas et orta et poço et dereyturas et pertenenças, segundo que perteesçen a os ditos aniversarios et a nos por rason delles, a tal pleito et condiçon que vos, o dito Juan de Carvallido, et voso fillo et personas a tenades cuberta, feyta et reparada; et dedes dela de foro, en cada un ano, vos et o dito voso fillo et personas trinta maravedis bellos, que tres brancas bellas et un dineyro fasen cada maravedi, en a moeda que se paguaren os outros foros dos ditos aniversarios a o rendeyro et colledor dos ditos aniversarios, ou a quen noso poder ouber para elo, por dia de San Martino de nobenbre, pagos et postos en pas et en salvo en esta çiudade, et non pagando por dous anos continos o dito foro que por ese mesmo feyto pergades et pergan o dito foro et todo o dereyto que a el teberdes et teberen se vos lo quiseren resçeber. Et con condiçon que cada huna das personas, que suçeder en o dito foro do dia que en el suçeder por foreyra, fasta trinta dias logo segentes nos vena mostrar et insinuar como he persona et foreyra do dito foro, sub pena que se o asi non feser que por ese mesmo feyto perga o dito foro et todo o dereyto que a el teber. Et a finamento da postromeyra persona, que suçeder en este dito foro, que a dita casa fique feyta, libre, quita et desenbargada, cuberta, sobradada et reparada con todos los boos paramentos que en ela foren feytos a a dita iglesia de Lugo et aniversarios dela, cuia he. Et asimesmo vos, o dito Juan de Carvallido, et voso fillo, Johan de Amorin, et vosas personas despoys de vos seredes obedientes a o dito cabildo et para ben et onrra da dita iglesia de Lugo et cabildo dela, et se vos ou as ditas personas fordes contra a dita iglesia de Lugo ou contra os benefiçiados dela que por ese mesmo feyto pergades et pergan o dito foro et todo o dereyto que a el teberdes et teberen.

Et eu, o dito Juan de Carvallido, que presente soo por min et por lo dito meu fillo et personas asi reçebo de vos, os ditos senores do dito cabildo, este dito foro por las maneyras et condiçoes sobreditas, et obligo a min et a todos meus bees, mobles et rayses, et do dito meu fillo et personas de o teer et guardar et conprir et pagar et reparar todo asi, segundo arriba se conten. Et nos, o dito cabildo, asy vos lo outorgamos, et porque seia çerto outorgamos et mandamos delo faser duas cartas de foro, anbas en un thenor, por lo notario a juso escripto huna para vos, o dito Juan de Carballido, et voso fillo et personas et outra para nos, o dito cabildo, et por mayor firmesa mandamos seelar con noso seelo pendente a carta de vos, o dito Juan de Carballido.

Que foy feyta et outorgada en a çiudade de Lugo en o lugar sobredito, quarta feyra, vinte et quatro dias do mes de jullio, do ano do nasçimento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et oytenta et dous anos.

Testigos que foron presentes a faser et outorgar este dito foro: Juan Afonso, chantre, Diego Gonçalves de Fonteyta, arçediano de Triacastela; Gomes Ares, Diego Vasques, Juan Afonso, Pedro de Mera, Rodrigo Dias, Afonso Martines, Gomes Ferrnandes, Loys de Costante, Andres Gonçalves, el bachiller, Pedro Ferrnandes de Vilafranca, Vaasco Rodrigues, canonigos; [...] Juan Arias, raçioneyros; et o dito Johan Ferrnandes, Alvaro Marino, clerigos do coro.

Et eu Afonso Ferrnandes de San Jullao, raçioneyro en a dita iglesia de Lugo et notario publico por la abtoridade del senor Obispo et iglesia dese lugar et eso mesmo notario dos abtos capitulares do dito cabildo, a todo o que sobredito he en un con os ditos testigos et capitulantes presente foy et esta carta de foro, que ante min pasou, con mina maao escripvi et en meu registro et protocolo sentey, et por ende fis aqui estes meus signo et nome acustumados en testimonio de verdade, rogado et requerido.

Afonso Ferrnandes, notario.