GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro de Notas de Álvaro Afonso

73

febreiro, 2

Divorcio de común acordo por mutuo adulterio entre Estevo Calvo e Inés de Bobadela. (fols. 23v-24)

Estevo Calbo e sua moller.
Feita e dada, notada
no libro manual.

En este día Estevo Calbo e sua moller Eynes de Bobadella, por rason anbos a dous son casados et o dito Estevo Calvo resçebeu a ela por moller et el a ela por marydo, et por quanto ontre elles ha tal desconcordia e desaviinça e ynimistança, asy de matromonio e copula carnal que hun errou contra ho outro e ho outro contra ho outro et de adulterio que anbos a dous feseron et se erraron, por lo qual anbos estan en pecado se fesesen vida, et por tal de faser serviço a deus et cada huun faser do corpo ao seu talente etç, por ende que des aqui en deante davan carta de partiçon hun ao outro ( fol. 23v)
et ho outro ao outro, para que des aqui en deante cada huun delles faça do seu corpo a sua vontade livre et quite et desenbargadamente sen contradiçon hun do outro e se posa casar ou abarregar ou dormyr con qual quer persona que quiseer sen enbargo hun do outro, ben como se nonca fosen casados e fosen livres por sentença e dados por livres et quites etç e perdoaron hun ao outro e outro ao outro todos et quaes quer erros e maldades e sen rasoens e vitoperios et adulteirios que hun aja feito ao outro ata este presente día e feseren des aqui en deante, por quanto non podian seer casados etç, para o qual anbos feseron preito de nonca demandar huun ao outro nen outro ao outro nen de se acusaren nen querellaren so penna de ynfames e fe perjuros etç., sobre lo qual outorgaron contrauto forte e firme etç. Tests. Rodrigo Yanes clerigo do coro da igleia d’Ourense et Afonso de Logilde e Vasco, criados de Pascoal Rodrigues e outros.