GMH/ÍNDICE A-Z

296
1333, novembro, 6. Lugo
Martiño Fernández, clérigo de San Xillao de Rubiás, dóalle ao racioneiro Xácome Eanes todo o que lle corresponde na igrexa de San Vicente de Pedreda.
MADRID, AHN, Carp. 1332 D/12, perg. orix., galego, gótica cursiva, 152x168 mm.- Tumbo Viejo, docs. soltos, n.º 121. Véxase CD n.º 297.

Sabeam quantos esta carta virem, commo eu Martin Ferrnandes, clerigo da iglesia de Sant Iullao de Ruivaes, dou et outorgo en doaçon para senpre por iur d’erdade a vos, Iacome Eanes, raçoeyro de Lugo, todo o iglesiario et leygario que eu aio et aver devo assy de conpras commo gaanças et de patrimonio et por meu yrmao Roy Ferrnandes, enna iglesia de Sant Viçenço de Pedreda, tanben pe-llo pe do altar commo enna dita iglesia, con todas suas dereyturas et pertenenças, et con todo o iur do padroadigo et vianda et renda et serviço que me perteeçe de cada anno enna dita iglesia. Et mays vos dou en doaçon en outra parte huna teega et mea de çeveyra que aio cada anno pe-llo pe do altar da iglesia de Sant Viçenço sobredito que conprey de Fernan Martines de Villa Nova, et de seus fillos. A qual doaçon dos iglesiarios sobreditos vos dou por moyto amor que de vos reçebi, et atendo de reçeber d’aqui adeante. Et renunçio et prometo en boa fe que nunca contra esta doaçon vena nenua revoge por raçon d’engratidume nen por outra raçon nen exçepçon nenhuna, nen contra ella vena por min nen por outrem en iuyço nen fora del. Et por que esto seia çerto et non vena en dulta roguey a Roy Ferrnandes, notario publico de Lugo, que feçese ende esta carta.

Que feyta en Lugo, VI dias de novenbro, era de mill et CCC LX et hun anno. Testemoyas: Aras Affonso de Varçea; Gomes Aras de Boveda; Iacome das Galinas; Fernan Martines, concheyro; Vaasco Gil, Roy Martines tarego; Affonso Crespo, odreyro; Pedro Peales ts., et outros moytos ts.

Et eu Ruy Ferrnandes, notario publico de Lugo, sobredito a esto commo dito he presente foy, et esta carta en minna pressença fis escrivir, et puge en ella meu signal en testemoyo de verdade. (+).