GMH/ÍNDICE A-Z

577
1351, maio, 3. Lugo
O deán e o Cabido de Lugo afóranlle a Simón Rodríguez, durante a súa vida, o casal de Toande, por renda anual de 10 marabedís e a obriga de construír unha casa.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 66r.

Era de mill et CCC LXXX VIIIº annos, tres dias de mayo, o dayan et o cabidoo da iglesia de Lugo deron et outorgaron, a Simon Rodrigues por seus dias, o seu casal de Toande, que he dos aniversarios, que o lavre et para ven et que faça y huna casa que y esta por faser. Et a de dar por renda del, cada anno, a os aniversarios dez moravedis desta moneda, a oyto soldos o moravedi en salvo, et a sua morte a de ficar o dito casal a iglesia de Lugo con todollos boos paramentos que en el foren feytos, segundo esto conten en una carta que levou o dito Simon Rodrigues.

Testemoyas: don Diego Ferrnandes, dayan; don Fernando Deus, chantres; Garçia Dias, arçidiago de Sarrea; Iohan Dias, coengo, ts.

Et eu Fernando Peres, notario de Lugo, a esto presente fuy con as ditas testemoyas.