GMH/ÍNDICE A-Z

698
1369, marzo, 5 luns. Lugo
María Muñiz outórgalles ao bispo e á igrexa de Lugo todo o que posúe no Páramo, Paradela e Loio mais a cuarta parte do couto de San Xulián de Caborrecelle, e recibe a cambio as propiedades da devandita igrexa en Insua e Monterroso. Ao mesmo tempo, o bispo e o Cabido afóranlle a ela e a dúas voces catro casais de herdade por renda anual de catro cuarteiros de pan por cada casal e outras obrigas.

MADRID, AHN, Carp. 1332 F/16, perg. orix., carta partida por a.b.c.; galego, gótica cursiva, 378x340 mm; Cód. 417 B, fol. 35v.

LUGO, AC, Tumbillo Nuevo, fols. 116-118.

CAÑIZARES: pp. 1079-1080.

PIÑEIRO: Memorias, t. III, fol. 628.

RISCO: ES, t. XLI, p. 124.

VÁZQUEZ SACO: «Iglesias...», BCML, VI, 1956-1957, n.º 45-48, p. 161.

A..B..C..

Sabeam quantos esta carta virem commo nos don frey Pedro Lopes da orden dos preegadores por la gracia de Deus et da santa iglesia de Roma, bispo de Lugo, con outorgamento de dom Ruy Ferrnandes, dayan, et cabidoo da nossa iglesia, da huna parte, et eu Maria Moniis, filla de Monin Fernandes d’Orsillon et de Aldara Arias de Paramo, da outra parte, façemos entre nos tal partiçon et escanbea que seia valedeyra. Conven a saber que eu, a dita Maria Moniis, dou a vos, o dito sennor obispo, et a vossa iglesia que aiades por senpre iamays por iur de herdade todos los herdamentos et cassares et cassas et arvores et iures et dereituras et pertenenças et coutos et sennorios et igleiarios et leygarios, que eu aio et me perteesçen en qual maneira quer de avoengo et de patrimonio et de compras et de gaanças por min et por Maria Moniis, minna sobrinna, de que eu aio gaanado por compra que fige a os frayres do moesteyro de San Françisco de Lugo, a quen os a dita Maria Moniis mandou et leyxou en seu testamento en terras de Paramo et de Paradella, et enno Loyo et en outros lugares quaesquer que os eu aia et me perteesçen ennas ditas terras, et deste cabo o Minno, et dou-vos mays para vos et para a dita vossa iglesia a quarta parte do couto et sennorio de San Iullao de Reçelle, et todas las herdades et cassas et iures et pertenenças igleiarios et leygarios que eu aio et me perteesçen enno dito couto de patrimonio et de avoengo et de compras et de gaanças por min et por fillo que oyve de Lopo Rodrigues Nugueyrol, meu marido que fuy, et por outra maneira qualquer, os quaes ditos coutos et sennorios et herdamentos et cassas et iures et pertenenças, igleiarios et leygarios, dou logo a vos, o dito sennor obispo, et a vossa iglesia enna maneira sobredita, que os aiades et levedes os froytos et rendas et dereituras delles d’aqui endeante, livres et quitos et desenbargados de min et de toda minna vos; et ponno-vos logo enno iur et possisson et propiedade delles et de qualquer delles, et tiro ende a min et a toda minna vos, et des oie mays esta dia avedeos senpre en pas vos et vossa iglesia, et todo sennorio et poderio seia tirado et removudo de min, a dita Maria Moniis, et posto en vos, o dito sennor obispo, et enna dita vossa iglesia. Et nos, o dito sennor obispo, con outorgamento do dito dayan et cabidoo assy reçebemos de vos, a dita Maria Moniis, os ditos herdamentos et coutos et sennorios et cassas et iures et pertenenças et dereituras delles, igleiarios et leygarios, que nos dades para nos et para a dita nossa iglesia enna maneira que dita he, et damos en escanbea et partiçon por ello a vos, a dita Maria Moniis, que aiades para senpre por iur de herdade vos et vossa vos pus vos todas las herdades et cassas et arvores et formaes leygarios que nos et nossa iglesia avemos et nos perteesçen por lo dayam, don Fernando Arias que fuy, a quen Deus perdoe, que os mandou et leyxou a a dita nossa iglesia et de que os nos gaanamos en terras de Inssoa et de Monterrosso, et d’aquel cabo o Minno, as quaes herdades et cassas et arvores et formaes leygarios vos damos segundo dito he, con suas rendas et dereituras pertenenças et iures et que os aiades logo livres et quitos et desenbarguados vos et vossa vos pus vos, et todo sennorio et poderio delles et de qualquer delles seia tirado et removudo de nos, o dito sennor obispo, et de nossa iglesia et posto en vos, a dita Maria Moniis, et en vossa vos.

Et eu, a dita Maria Moniis, assy o reçebo. Et nos, o dito sennor obispo, con outorgamento do dito dayan et cabidoo et eu, a dita Maira Moniis, por min et por toda minna vos, assy reçebemos et outorgamos as ditas concanbeas et partiçoes que nos damos huuns a outros enna maneira que dita he, et obligamos nos et nossos bees, mobilles et rays, ecclesiasticos et segrares, de os fasermos senpre de pas et de non yrmos nen passarmos contra ello en algun tempo, por nos nen por outro, en iuyso nen fora del, et se o quisermos faser que nos non valla, et demays qualquer de nos as ditas partes que contra ello passar que peyte de penna a a outra parte, que o comprir, çinquo mill moravedis da moneda hussual, et a penna pagada ou non que a dita concanbea et partiçon fique firme et valiossa enna maneira que dita he para senpre; et demays eu, a dita Maria moniis, seendo çertificada da lee do veleyano, et de doubos rex et das outras lees et dereitos que son outorgados en favor das mulleres por rason da sua sinprisidade, que seian por min en contrario desto que sobredito he, renunçioas expressamente et partome dellas que as non allegue nen possa allegar, por min nen por outro, en iuyso nen fora del en tempo que seia. Et outrossy nos, o dito sennor obispo, damos mays a vos, a dita Maria Moniis, por rason do dito couto de Reçelle que nos destes para nos et para nossa iglesia, seysçentos moravedis, a des dineiros cada moravedi; et damos-vos mays que tennades de nos et de nossa iglesia en vosa vida et de Costança Alvares, vossa filla, muller de Vaasco Rodrigues Nugueyrol, et o dito Vaasco Rodrigues anbos et dous, et Gil Fernandes, fillo dos ditos Vaasco Rodrigues et Constança Alvares, en sua vida, quatro cassares de herdade, os quaes son estes: o cassal de Perteme et o cassal de Santa Maria de Tavoada dos Freyres, et o cassal de Pinnor, que fuy de Maria Ferrnandes de San Lourenço de Peyvaes, et o cassal de Paaços que he na fiigregia de San Salvador de Pineyra, a a tal condiçon que vos et os ditos Vaasco Rodrigues et Costança Alvares, sua muller, et o dito Gil Fernandes lavredes et façades lavrar et parar ben as herdades dos ditos cassares, et morar as cassas delles et manteerlas en boo estado, et nos dedes de cada anno en renda por los ditos cassares, quatro quarteyros de pan et a sal hun quarteyro, [o qual dito pan] vos logo damos que o tennades vos et os sobreditos de nos et de nossa iglesia en prestamo por en toda vossa vida, et a finamento do pustrimeiro de vos que os ditos casares fiquen livres et quitos et desenbargados, et as herdades delles ben labradas, et as cassas feytas et en bon paramento a nos, os ditos sennor obispo et a nossa iglesia, et con hun boy et huna vaca de provo en cada cassal.

Et eu, a dita Maria Moniis, assy reçebo de vos, o dito sennor obispo, os ditos cassares para min et para os ditos Costança Alvares et Vaasco Rodrigues et Gil Ferrnandes, meu neto, et outorgo que me fesestes logo paga dos ditos seysçentos moravedis, et obligo min et meus bees, mobilles et rays, et da dita minna filla et neto et do dito Vaasco Rodrigues, que esta presente et outorgante, de o comprirmos en todo segundo dito he. Et nos, o dito sennor obispo, et nosso cabidoo outorgamos.

Et que esto seia çerto nos as ditas partes rogamos et mandamos a Ruy Gonsalves, mestrescolla, et a Arias Peres, raçoeiro, et notarios publicos de Lugo, que fesessen desto duas cartas en hun tenor partidas por A.B.C. et as signassen con seus signaes.

Que foron feytas en Lugo, lunes, çinquo dias de março, era de mill et quatroçentos et sete annos.

Testemoyas: dom Ruy Fernandes, dayan; dom Iohan Dias, chantres; don Vaasco Rodrigues, arçidiago de Sarrea; dom Alvar Rodrigues, arçidiago de Deçon; don Rodrigo Affonso, arçidiago de Triacastella; dom Diego Gomes, thesoreiro; Thomas Gonçalves, Fernan Peres, Pedro Arias, coengos; Rodrigo Affonso, Arias Ferrnandes, raçoeiros da dita iglesia de Lugo; Gonçalvo Pellaes Varella; Lopo Peres, porteyro do dito cabidoo, et outros.

Et eu Arias Peres, raçoeyro, et notario publico de Lugo dado por auctoridade do dito sennor obispo, a esto que sobredito he con o dito mestrescolla, notario sobredito, et con as ditas testemoyas presente fuy, et a rogo das ditas partes esta carta escrivi et puge y meu nome et signal en testemoyo de verdade. (+).

Et eu Ruy Gonçalves, mestrescolla, notario publico de Lugo dado por auctoridade do dito sennor obispo, a esto que sobredito he con o dito Arias Peres, raçoeyro, et notario et con as ditas testemoyas presente fuy, et a rogo das ditas partes esta carta en minna presença o dito Arias Peres, notario sobredito, escriviu, et puge y meu nome et signal en testemoyo de verdade. (+).

Materias

abc; árbore; arcediago; avó; avoa; boi; cabido; canon foral; casas; chantre; cláusula; cóengo; consul; convento; couto; deán; diñeiros; doazón; escritura; esposa; esposo; familia; fidalgo; filla; fillo; franciscano; gando; gran; herdanza; lei; licenza; lingua; marabedí; medidas; mesa bispal; mestrescola; mosteiro; muller; nai; neto; notario; obrigación; orde dos Irmáns Menores; pagamento; pai; pan; pena; permuta; porteiro; racioneiro; río; sal; sobriña; sogra; sogro; tesoureiro; testamento; tía; vaca; venda; viúva; xenealoxía; xenro; xurisdición; bispo

Persoas

Aldara Ares do Páramo, fidalga; Álvaro Rodríguez, arcediago de Dozón; Ares Fernández, racioneiro de Lugo; Ares Pérez, racioneiro de Lugo; Constanza Álvarez; Diego Gómez, tesoureiro de Lugo; Fernando Ares do Páramo, deán de Lugo; Fernando Pérez, cóengo de Lugo; Gonzalo Páez Varela, porteiro; Lopo Pérez, porteiro; Lopo Rodríguez de Nogueirol, fidalgo; María Fernández; María Muniz; Munín Fernández de Orcellón; Pedro Ares, cóengo de Lugo; Roi Afonso, arcediago de Triacastela; Roi Afonso, racioneiro de Lugo; Roi Fernández, deán de Lugo; Roi González, mestrescola de Lugo; Roi González, mestrescola de Lugo; Tomé Gómez, cóengo de Lugo; Vasco Rodríguez de Nogueirol, fidalgo; Vasco Rodríguez, arcediago de Sarria; Veleo, cónsul romano; Veliano, cónsul romano; Xil Fernández de Nogueirol, fidalgo; Xoán Díaz, chantre de Lugo; Pedro López de Aguiar, bispo de Lugo

Outros

Lugo, bispado; San Francisco de Lugo, convento; Lugo, cabido

Lugares

Caborrecelle, San Xulián; Dozón, arcediagado; Insua, San Salvador; Loio, San Xoán; Lugo; Miño, río; Monterroso; Orcellón, antiga xurisdición; Paaços; Paradela, San Fiz; Páramo, antiga xurisdición; Parteme; Peibás, San Lourenzo; Piñeira, San Salvador; Piñor; Roma; Sarria; Taboada dos Freires, Santa María; Triacastela