GMH/ÍNDICE A-Z

673
1365, marzo, 4. Lugo
O bispo e o Cabido de Lugo afóranlles a Rui Méndez, ao seu fillo e á súa muller e a unha voz dous casais en Santa María de Vilafiz. O beneficiario fai doazón de todo canto posúe no couto de San Martiño dos Condes, o que a continuación recibe tamén en foro.
MADRID, AHN, Cód. 417 B, fol. 105v.

Sabeam quantos esta carta viren commo nos, dom frey Pedro Lopes da orden dos preegadores, por la gracia de Deus et da santa iglesia de Roma, obispo de Lugo, con outorgamento de don Ruy Ferrnandes, dayan, et do cabidoo da nosa iglesia, damos et afforamos a vos Ruy Meendes de Parrega, et a voso fillo, Lopo Rodrigues, et a sua muller, Sancha Ferrnandes, por en todos vosos dias et de huna pessoa qual o pustrimeyro de vos nomear para esto en vida ou a tempo de seu finamento, os nosos dous casares et herdamentos que nos avemos en Vilafiis et en Remesille, sub signo de Santa Maria de Villafiis, con todas suas pertenenças et dereyturas, casas, arvores et formaes, a montes et a fontes, peru quer que vaan sub o dito signo, et vos que mantenades a Iohan Affonso de Remesille o foro, que lle nos avemos feyto dos ditos casares, segundo que llo nos aviamos a manteer. Et eu, o dito Ruy Meendes, por este ben et merçee que nos vos, o dito sennor, fasedes dou logo a vos, lo dito sennor, et a vosos subçesores por iur d’erdade para senpre, todo o quinon et dereyto et sennorio et iglesiario que Meen Rodrigues, meu padre que fuy, avia et lle perteesçia de aver enna iglesia et couto de San Martino dos Condes, con o casal chamado de Maçeeda, et con todos los outros herdamentos que el avia no dito couto, et con todas suas pertenenças et dereyturas, et cassas, a montes et a fontes, peru quer que vaan enno dito couto, et logo por esta presente carta ponno en vos et en vosos suçesores para senpre o iur et posisson et propiadade deles, et tiroo et removoo de min et de minna vos et do dito Meen Rodrigues, et obligo-vos todos meus bees para vos los faser senpre de pas dos outros meus yrmaos.

Et nos, lo dito sennor obispo, con outorgamento do dito dayan et cabidoo por faser ben et merçee a vos, lo dito Ruy Meendes, et a o dito voso fillo et sua muller sobreditos, damos-vos los logo a vos et a a pesoa sobredita que os tenades vos et o dito voso fillo et pesoa que for nomeada en foro et en vervo con os outros dous casares sobreditos, por en todo vosos dias et seus, et a finamento de vos los sobreditos et da pessoa que for nomeada, commo dito he, os ditos casares de Vilafiis et de Remesille et o dito quinon et dereyto, et iglesiario et sennorio, que o dito Meen Rodrigues avia no dito couto de San Martino dos Condes con o dito casal et herdamentos que el y avia, que nos agora dades, an de ficar a nos et a nosos suçesores para senpre livres et quitos et desenbargados de vos et de toda vosa vos, con todos los boos paramentos que y foren feytos.

Et eu, o dito Ruy Meendes, et o dito meu fillo et sua muller et pesoa sobreditos avemos a dar, cada anno, a vos, lo dito sennor obispo, et a vosos sucçesores hun moyo de pan en conosçemento et reverença destos herdamentos sobreditos. Et nos, lo dito sennor obispo, damos logo o dito moyo de pan, cada anno, a vos et a o dito voso fillo et sua muller et pessoa sobredita que o tenades de nos por en todos vossos dias.

Et nos, Ruy Meendes et Lopo Rodrigues sobreditos, que estamos presentes por nos et por la dita Sancha Ferrnandes et por la pessoa que for nomeada no dito foro, asi reçebemos de vos, o dito sennor obispo, os sobreditos dous casares de Vilafiis et de Remesille, et quinon et dereyto et sennorio et iglesiario da dita iglesia et couto de San Martino con o dito casal de Maçeeda et herdamentos que no dito couto dou a o dito Meen Rodrigues, et obligamos-nos et todos nosos bees, por nos et por nosos herees, para os leyxar a vos, lo dito sennor obispo, et a vosos sucçesores livres et quitos et desenbargados para senpre, et a finamento noso et da pesoa sobredita, segundo se susso conte. Et por que esto seia çerto nos, lo dito sennor obispo, con outorgamento do dayan et cabidoo, et Ruy Meendes et Lopo Rodrigues sobreditos, rogamos a Fernan Garçia, notario publico de Lugo, que fesese desto duas cartas tal huna commo outra signadas con seu signal.

Que foron feytas eno capitulo da iglesia cathedral de Lugo, quatro dias de março, era de mill et quatroçentos et tres annos.

Et foron presentes: don Ruy Ferrnandes, dayan; don Pedro Arias, arçidiago de Neyra; don Vaasco Rodrigues, arçidiago de Sarria; don Rodrigo Afonso, arçidiago de Deça, et outras pessoas et coengos da dita iglesia de Lugo, ts.

Et eu Fernando Garçia, notario publico de Lugo dado por autoridade do bispo dese lugar, a esto commo dito he en çima presente fuy et a rogo das partes sobreditas esta carta scripvi et puge en ela meu nome et meu signal en testemoyo de verdade.