GMH/ÍNDICE A-Z

134

1419, decembro, 11.
 O notario Rui Martínez recoñece ter recibido 122 maravedís e 7 diñeiros polo seu salario anual, e 4 floríns de ouro do cuño de Aragón, que o Concello lle mandara dar por la chancelleria de hua carta de noso senor el Rey que eu lles trouxe sobre os peñores que facían algunhas persoas nos veciños da cidade.
Protesta dos Alcaldes contra o arcebispo porque durante a súa ausencia non deixara ó seu vigairo para recibi-los nomes do cobrado de 12 homes bos para a elección dos dous alcaldes, e que a pesar de non estar obrigado a presentalo ó arcebispo fóra da cidade, facíao este ano de xeito excepcional enviando como procuradores para leva-la relación ó notario Afonso Perez de Vilamide e Juan Domínguez.
Relación dos doce nomes contidos no cobrado para que o arcebispo elixise os dos alcaldes.
O Concello ordena ós procuradores dean 320 maravedís a Juan Domínguez para os gastos que orixinan o leva-los cobrados ó arcebispo. O mesmo día o interesado declara ter recibido a cantidade.

Honze dias do mes de dezenbre. Sabean quantos esta carta viren como eu Fernand Ares Xarpa, fillo de Aras Gonçalves Xarpa, çidadãao que fui de Santiago outorgo e connosco que resçeby de vos Garçia Rodriges, canbeador, procurador do conçello da çidade de Santiago, seis çentos maravedis de moeda vella contando blanca en tres dineiros os quaes me pagastes en nome do dito conçello para en conta e en pago dos mill e seisçentos maravedis de moeda vella, dos marquos que noso señor el rey ha enna dita çidade, os quaes maravedis eu del teño por merçet en cada hũu anno e dos quaes ditos seiscentos maravedis da dita moeda me outorgo de vos por entrego e ben pagado e renunçio a exençon do aver non dado nen contado nen resçebido nen pagado en presença do notario e testemoyas e a toda outra exençon que nunca delo diga o contrario. E porque esto seja çerto outorgey ende esta carta ante o notario publico e testemoyas adeante scriptos. Feita e outorgada enna çidade de Santiago, anno, dia e mes sobreditos Testemoyas que a esto foron presentes: Juan Dominges de Liñares, procurador do dito conçello e Johan Raposo, canbeador e Gonçalvo Serpe e Garçia Janeiro, moradores enna dita çidade.
Predito. Sabean quantos esta carta viren como eu Ruy Martines, notario da çidade de Santiago, outorgo e coñosco que reçebi de vos Johan Dominges de Linares, procurador do conçello da dita çidade çento e viinte e dous maravedis e sete dineiros de moeda vella, contando blanca en tres dineiros por rason do meu selario que ey de aver en cada hũu anno [do dito conçello] por rason do dito ofiçio et os quaes maravedis son deste dito anno que se fiinçera //
(Fol. 70)
en fin deste mes de dezenbre que agora anda et dos quaes ditos maravedis me outorgo de vos por entrego e ben pagado e renunçio a toda exençon que non diga ende o contrario et porque esto {seja}; çerto escripvi aqui meu nome. Feita anno, dia e mes sobreditos. Testemoyas que a esto foron presentes, Fernan Montesiño e Pero Alonso criados de min o dito notario.
Iten outorgo eu o dito Rui Martines que reçebi de vos o dito Johan Dominges e de Garçia Rodriges, procuradores do conçello da dita çidade quatro florĩis d’ouro do cuño d’Aragon os quaes florĩis me mandou dar o dito conçello por la Chancellaria de hũa carta de noso señor el rey que eu lles trouxe sobre razon das peñoras que fasian algũas personas aos veziños da dita çidade et dos quaes ditos florĩis me outorgo de vos por entrego e ben pagado. Feita anno e mes susoditos. Testemoyas, supra.

Protesta de los alcaldes contra el arçobispo.

Sabean quantos esta carta viren como nos o conçello, alcalles, regidores e homes bõos da çidade de Santiago seendo ajuntados enno mosteiro de San Paayo d’Antealtares por crida de anafil segundo que avemos de uso e de costume, presentes enno dito conçello Gomes Rodriges, bachiller en decretos e Vaasco Fernandes Troquo, alcalles da dita çidade e Fernan Gonçales do Preguntoiro e Juan Aras da Cana, Alvaro Afonso Juliate, Afonso Fernandes Abril, Martin Galos, regidores enna dita çidade [por quanto] segundo custume antiigoias, aviinças e conposiçõos feitas e outorgadas e valadas so çerta pena e juramento ontre noso señor o arçobispo de Santiago e o Dean e cabidõo da sua egresia de Santiago da hũa parte e nos o dito conçello, justiças juradas e homes bõos da dita çidade de Santiago da outra parte, nos os dito conçello avemos de dar en cada hũu anno a o dito señor arçobispo ou a seu vicario doze homes bõos, veziños da dita çidade por cobres para que dos ditos doze homes bõos o dito señor ou seu vicario tomen dous deles quaes lle aprouver et os de por justiças aquel anno que lle fosen dados por cobres et por quanto o dito noso señor arçobispo a o presente he absente fora desta [sua] çidade e arçobispado de Santiago enna corte de noso señor el rey e non leixou vicario nen sabemos outro algũo a quen leexase poderio para reçeber os ditos cobres e para nos dar os dous deles por justiças segundo dito he. Et nos a comoquer que segundo as ditas aviinças e costume antigo non eramos nen somos tiudos nen obligados de enbiar os ditos cobres fora desta çidade e arçobispado de Santiago pero por reverençia de merçet do dito señor arçobispo e por lle conplazer, acordamos de enbiar os ditos cobres a a sua señoria porque a sua merçet provea sobre elo segundo que entender que conpre a seu serviço e a a sua merçet aprouver a o protestaçon que fezemos et fazemos {de aqui endeante} de nos non obligar {de aqui endeante} a enbiar os ditos cobres fora da dita çidade et arçobispado por costringemento nen por que a elo sejamos obligados segundo que o non somos e que por elo non nos seja feito perjuiso algũo nen entendemos por elo viir contra as ditas aviinças e conposiçõos e costume antigõo, ante protestamos que se garden e cunplan segundo que se deven gardar e conprir e segundo que senpre fui //
(Fol. 70 vº)
gardado e usado e por ende so a dita protestaçon fasemos et otorgamos por nosos çertos, sufiçientes, abastante compridos procuradores a Affon Peres de Vilamide, notario de noso señor el rey e escrivano do dito señor arçobispo e Johan Dominges, noso veziño [e a cada hũu deles]34 portador ou portadores desta presente carta a os quaes e a cada hũu deles damos e outorgamos todo noso libre e conprido poder e espeçial mandado para que por nos e en noso nome posan eles ou qualquer deles paresçer e parescan ante a merçet do dito señor arçobispo e presentar ante a sua merçet os ditos cobres e pedirlle que os resçeba e nos de douss dos ditos cobres por justiças enna dita çidade de Santiago o anno primeiro seginte de mill e quatroçentos e viinte annos e para que façan eles ou qualquer deles sobre esto que dito he requirimento o requirimentos, protestaçon ou protestaçoõs e todas las outras cousas e cada hũa delas que nos o dito conçello fariamos e fazer poderiamos, seendo a elo presentes (...) e sufiçientes procuradores poderian fazer et trautar et todo aquelo que sobre esto que dito he por los ditos nosos procuradores ou por qualquer deles for feito, presentado e procurado e pedido e protestado e requirido nos lo outorgamos e avemos e averemos por firme e estable para senpre e prometemos non yr contra elo so obligaçon dos bẽes do dito conçello que a elo obligamos e porque esto seja çerto outorgamos esta carta de poder ante o notario publiquo e testemoyas adeante scriptos. Feita e outorgada enna dita çidade enno sobredito lugar lũes honse dias do mes de desenbre, anno do nasçemento de Noso Señor Ihesu Christo de mill e quatroçentos e des e nove annos. Testemoyas que a esto foron presentes, Garçia Rodriges e Juan Dominges de Linares, procuradores do dito conçello Alvaro Gil e Vaasco Peres Abril e Juan Bugeirete do Preguntoiro e Vaasco Gomes de Marçoa, vesiños da dita çidade. Feita e dada ao dito Juan Dominges, procurador.

Lũes honze dias do mes de desenbre, este dito dia seendo o conçello, alcalles, regidores et homẽes bõos da çidade de Santiago, juntados enno moesteiro de San Payo d’Ante Altares por crida de anafil, segundo han de uso e de custume, presentes enno dito conçello Gomes Rodriges, bacheller en Decretos, e Vaasco Fernandes Troquo, alcalles enna dita çidade e Fernan Gonçales do Preguntoiro e Juan Ares da Cana, Alvaro Afonso Juliate e Alonso Fernandes Abril e Martin Galos, regidores da dita çidade en presença de min Roy Martines, notario publico jurado da dita çidade por la egresia de Santiago e das testemoias infra escriptas, logo enton o dito conçello alcalldes e regidores sobreditos diseron que por quanto segundo custume antiguo e as aviinças e conposições feitas e outorgadas e valadas su çertas penas e juramento ontre suso señor o arçobispo de Santiago e o dean e cabidõo da sua Igresia de Santiago da hũa parte e o dito conçello, alcalldes, jurados e homẽes bõos da dita çidade da outra parte o dito conçello avia de dar en cada hũu anno por dia de qaendas januarias ao dito señor arçobispo ou a seu vigario dose homẽes bõos por cobros que fosen vesiños da dita çidade para que dos ditos dose homẽes o dito señor arçobispo ou seu vigario nomease dous deles quaes lle aprovuese e os dese por justiças enna dita çidade en aquel anno que lle fosen dados e por quanto o dito señor arçobispo ao presente era absente desta sua çidade e arçobispado enna corte de noso señor el rey e non leixara vigario enno dito seu arçobispado nen sabian outro algũo a que leixase poderio para reçeber os ditos cobres e para lles dar os dous delles por justiças enna dita çidade o anno primeiro seguinte de mill e quatroçentos e viinte annos; por ende que eles considerando en como se açercava o dito tenpo //
(Fol. 71 vº)
en que avian de elegir e nonbrar os ditos cobros para os enbiar ao dito señor arçobispo por maneira que lle fosen presentados por lo dito dia de qaendas januarias, de guisa que o dito conçello non caese en pena algũa que acordavan e acordaron de faser logo os ditos cobros dos quaes [os nomes deles] deron en escripto a min o dito notario en esta maneira que aqui dira: Juan Ares da Cana, Fernan Ares Xarpa, Pero Yanes Abraldes, Afonso Fernandes Abril, Juan Fernandes Abril, Juan Bugeyrete, Vaasco Peres Abril, Ares Chantreiro, Alvaro Gil, Juan d’España, Vaasco Gomes de Marçoa, Nuno Vinagre, os quaes cobros asi nomeados o dito conçello mandou a min o dito notario que escrivise ou fisese escrivir os nomes dos susoditos segundo era de custume e que mandaran a  Pero Yanes Abraldes que tiiña hũa das tavoas do seelo do dito conçello que seelase con ela o dito escrito de cobros pois ao presente non podian aver a outra taboa que soya tẽer Bernald Yanes do Canpo por quanto lles era dito que estava en poder de Ruy Sanches de Moscoso, herdeiro do dito Bernald Yanes e que mandavan a Juan Dominges de Linares e Garçia Rodriges procuradores do dito conçello que enbiasen logo os ditos cobros ao dito señor arçobispo con Juan Dominges, visiño da dita çidade a o qual avian dado seu poder espeçialmente para os presentar ao dito señor arçobispo en nome do dito conçello segundo se contiinan mays cunplidamente enna carta de poder que sobresta rason outorgaran por ante min o dito notario. Esto fui enno dito lugar, dia e mes e anno susoditos. Testemoyas que a esto foron presentes, Juan Bugeirete do Preguntoiro, Vaasco Peres Abril e Alvaro Gil e Vaasco Gomes de Marçoa visiños da dita çidade.
Predito. O dito conçello alcalles e regidores susoditos mandaron aos ditos procuradores que de quaesquer maravedis que por lo dito conçello recabdavan e avian de recabdar [este dito anno] que desen ende ao dito Juan Dominges tresentos e veinte maravedis, contando blanca en tress dineiros que lle mandavan dar para sua despensa e por levar os ditos cobros ao dito señor arçobispo e que mandavan que lles fosen reçebidos en conta os ditos maravedis o qual dito Juan Dominges se obligou ao dito conçello de presentar os ditos cobros ao dito señor arçobispo e sobredito dia de Kalendas januarias e mostrarlo por testemoio sinado de notario gardandoo Deus de outra ocasion algũa. Testemoyas, os sobreditos.
Item, que este dito dia o dito Juan Dominges outorgou e conosçeu que reçebera do dito Juan Dominges de Linnares os ditos tresentos e viinte maravedis da sobre dita moeda dos quaes se outorgou por entrego e ben pagado e renunçiou a ley etc. Testemoyas Alonso Vasques Abril e Rui Calvo e Juan Calvo, omẽes de Juan de Mendoça e Lopo de Vilaverde e Fernando Montesiño, criados de min notario infrascripto.



34 tachado.
 

Materias

arquivo; avinza; Avinza; axudas de custe; branca; branca; carta; carta; carta de quita; chancelaría; cobrados; cobrados; corte real; corte real; criado; criado; diñeiros; diñeiros; escribán; familia; fisco; florín; marabedí; marabedí; mercé; mosteiro; nomeamento; nomeamento; ordenanza; ouro; pagamento; pagamento; pedidos; poder; poder; prenda; Protesta; recadador; rei; rexistro; secretario; selo; sobriño; veciñanza; viaxe; viaxe; viaxe; vigairo; vigairo; xornal; xurisdición; xurisdición; xustizas; xustizas; fillo

Persoas

Afonso Fernández Abril, rexedor de Santiago de Compostela; Afonso Pérez de Vilamide, notario; Afonso Vázquez Abril; Álvaro Afonso Xuliate, rexedor de Santiago de Compostela; Álvaro Xil, cobrado; Ares Chantreiro, cobrado; Ares González Serpe; Bernal Eáns do Campo; Fernando Ares Serpe, cobrado; Fernando González do Preguntoiro, rexedor de Santiago de Compostela; Fernando Montesiño, escribán; Fernando Montesiño, escribán; García Rodríguez do Preguntoiro, cambiador e procurador do concello Santiago de Compostela; García Rodríguez do Preguntoiro, procurador do concello Santiago de Compostela; García Rodríguez do Preguntoiro, procurador do concello Santiago de Compostela; García Xaneiro; Gómez Rodríguez, bacharel en decretos e alcalde de Santiago de Compostela; Gonzalo Serpe; Lope de Mendoza, arcebispo de Santiago de Compostela; Lopo de Vilaverde, escribán; Martiño Galos, rexedor de Santiago de Compostela; Nuño González Vinagre, cobrado; Pedro Afonso, notario; Pedro Eáns Abraldes, cobrado; Roi Calvo; Roi Martínez de Carballido, notario público; Roi Sánchez de Moscoso; Vasco Fernández Troco, alcalde de Santiago de Compostela; Vasco Gómez de Marzoa; Vasco Gómez de Marzoa; Vasco Pérez Abril, cobrado; Xoán Ares da Cana, cobrado; Xoán Ares da Cana, rexedor de Santiago de Compostela; Xoán Bugueirete do Preguntoiro; Xoán Bugueirete do Preguntoiro, cobrado; Xoán Calvo, home de Xoán de Mendoza; Xoán de España, cobrado; Xoán Domínguez; Xoán Domínguez de Liñares, procurador do concello Santiago de Compostela; Xoán Domínguez de Liñares, procurador do concello Santiago de Compostela; Xoán Fernández Abril, cobrado; Xoán Raposo, cambiador; Fernando Ares Serpe

Outros

Altamira; San Paio de Antealtares; Santiago de Compostela, cabido; Santiago de Compostela, concello; Santiago de Compostela, igrexa; Santiago de Compostela, concello

Lugares

Santiago de Compostela; Santiago de Compostela; Santiago de Compostela; Santiago, arcebispado