GMH/ÍNDICE A-Z

53

1417, novembro, 8.
O Concello ten coñecemento dunha carta de dona María de Limia, muller que foi de Alonso Suárez de Deza, para que obrigase a Juan Pérez das Modas a quitar a Pedro Fero dunha fiadoría que este fixera a dona María, xa que ela pagara a Juan Pérez a cantidade adebedada.
O Concello, visto que Juan de Montaos, morador na cidade, era ome prove e miserable que non tiña renda, ordena quede exento do pagamento dos 12 maravedís que lle foran sinalados no repartimento.
O Concello, visto que Leonor Jácome non vivía na cidade e moraba no mosteiro de Santa María de Conxo, ordena quede exenta do pagamento dos 16 maravedís que lle foran sinalados no repartimento.

(Fol. 22 vº)
Oyto dias do mes de novenbro. Sabean todos que seendo os alcalles et regidores jurados et omes bõos da çidade de Santiago juntados en consistorio enna notaria de Rui Martines, notario publico da dita çidade segundo que han de custume, presentes ende Fernan Aras Xarpa et Pero Eanes Abraldes, alcalles enna dita çidade et Fernan Gonçales do Preguntoiro, Martin Galos et Martin Serpe et Gomes Rodriges et Johan Aras da Cana, regidores jurados enna dita çidade et em presença de min Fernan Eanes, notario publico de nosso señor el rey enna sua corte et en todos los seus reynos et escusador por lo dito Rui Martines, notario et das testemoyas, adeante scriptas, logo enton os ditos regidores disseron que por quanto oje este dia lles fora mostrada hũa carta mensajeyra que doña Maria de Limea moller que fuy de Afonso Suares de Deça lles enviara enna qual se contiina ontre as outras cousas que lles rogava que contresjessen a Juan Peres das Moças para que quitase a Pero Fero de hũa fiadoria en que o dito Pero Fero et Fernan Dias da Algarara quen Deus perdon, et o dito Juan Peres fiara a a dita dona Maria de çertas contias de moravedis contra Diego Fernandes de Leon et esto por quanto ela avya pagos os taes moravedis a o dito Juan Peres para que os pagase por sy et por los sobreditos Pero Fero et Fernan Dias et agora que ha requiria a dito Pero Fero que o quitase da dita fiadoria teendo ela pago en outra maneira que ela faria peñora por elo a os visiños da dita çidade segundo que mais conpridamente hera contiudo enna dita carta por ende que eles os ditos regidores frontavan et requirian a os ditos alcaldes que costrengesen ao dito Juan Peres en tal guisa que contentase o dito Pero Fero et pagasse os moravedis que avya reçebidos para faser a dita paga porque os visiños da dita çidade non fosen peñorados por la dita rason en outra maneira que os ditos alcaldes fosen obligados a pagar todas las perdas et dapnos et menoscabos que por elo requisçessen ao conçello da dita çidade et visiños dela. Testemoyas que a esto foron presentes: Vaasco Gomes de Marçoa et Juan da Canna, Juan Gonçales de Fajeiras, Messtre Fernando, Juan Fernandes, Mariño, visiños da dita çidade.
Predito. Os sobreditos alcalles et regidores jurados diseron que por quanto Juan de Montaos, morador enna dita çidade era ome prove et miserable persona, en tal maneira que non tĩina (roto) a renda que lle poyna, por ende que mandavan et mandaron que fosen quitos ao dito Juan de Montaos os dose moravedis, branqua en tres dineiros que lle foran et eran postos desta dita renda que se posera enna dita çidade et que se tomasen en fallas da colaçon enna qual morava. Testemoyas os sobreditos.
(Fol. 23)
Predito. Os ditos alcaldes et regidores jurados et homes bõos diseron que por quanto Lionor Jacome non era morador enna dita çidade et morava enno mosteiro de Santa Maria de Conjo et lle foron postos des et seys maravedis de renda, os quaes ela non devia pagar pus non morava enna dita çidade, por ende que mandavan et mandaron que lle fosen demandados os taes maravedis et que se tornasen en fallas aa colaçon onde a dita Leonor Jacome soia morar quando fora posta por tal renda. Testemoyas os sobreditos.