GMH/ÍNDICE A-Z

1193
1469, xullo, 26. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Gonzalo Pérez, á súa muller e a dúas voces unha cortiña na freguesía de Santiago de Lugo por renda anual de oito marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 41 r.

Sepam quantos esta carta de foro viren como nos as personas canonigos et benefiçiados da iglesia de Lugo, que abayxo seran nomeados, seendo juntados en noso cabildo dentro en a Capela de San Vertolameu chamados por son de canpana, segundo que avemos de uso et de custume, aforamos a vos Gonçalvo Peres de Luases, regidor da çiudade de Lugo, que presente estades, et a vosa muller, Catalina Vasques, por sua vida dela et a outras duas personas despoys de vos anbos, a primeyra que seia quen herdar os bees do dito Gonçalvo Peres de dereyto, et a postrimeyra persona que seia quen nomear aquela persona que herdar os beens do dito Gonçalvo Peres, et non seendo nomeada que seia quen herdar seus beens de dereyto en esta guisa, que vos aforamos una nosa cortina, que perteesçe a o dito cabilldo, que esta junta a dita cortina con as casas que foron da Juan Ares da Tulla, et primeyro as suya teer et morar Ferrand Peres de Grallal, canonigo desta iglesia, por lo dito cabilldo cuias son, et agora as ten Juan Ares de Varreo Falcon, raçoeyro desta iglesia; et a dita cortina suya ser das ditas casas et andar con elas, a qual dita cortina topa de huna parte en outra orta que ten as ditas casas, et da outra en as cortinas de San Romao, et ten huna parede alta de fronte das casas que foron de don Fernando de Castro, et de outra parte topa en outra orta que he junta con a iglesia de San Romao; et esta dita cortina he sita et locada su o signo da Capela de Santiago, et en a qual dita cortina agora esta feyta huna casa et huna porta que sal en as cortinas de San Romao, et outra que sal contra a dita iglesia de San Romao, a qual dita cortina vos aforamos con estas condiçoes: que falesçendo vos, o dito Gonçalvo Peres, primeyro que a dita Catalina Vasques, vosa muller, que ela que tena esta dita cortina con suas benfeytorias en toda sua vida et a seu finamento que quede con todas las benfeytorias a quen vos, o dito Gonçalvo Peres, nomeardes ou a quen herdar os vosos beens de dereyto, et a outra persona segund arriba se conten. Et avedes de dar de foro en cada hun ano vos, o dito Gonçalvo Peres, et vosa muller et personas a o dito cabilldo et a seu mayordomo, por cada dia de San Martin de novembre de cada ano, oyto maravedis de moeda vella; et non avedes de vender nin traspasar este dito foro en persona poderosa alguna sen consintimiento do dito cabilldo; et as personas que despoys de vos et da dita vosa muller suçederen en este dito foro cada huna delas han se de viir mostrar et presentar con este dito foro ante o dito cabilldo do dia que en el suçederen, cada huna delas por persona, fasta trinta dias primeyros seguentes, su pena de perder este dito foro; et a finamento da postrimeyra persona, que suçeder en este dito foro, que a dita cortina con todos los boos paramentos que en ela foren feytos fique libre et quita et desenbargada a o dito cabilldo cuia he.

Et eu, o dito Gonçalvo Peres, que presente estou asi resçebo en foro de vos, o dito cabilldo, para min et para a dita mina muller por sua vida et para as ditas minas persona o dito foro por los ditos oyto maravedis, et con todas las outras condiçoes sobreditas. En fe do qual nos, o dito cabilldo, mandamos delo faser a o notario juso escripto duas cartas de foro huna para nos, o dito cabilldo, et outra para vos, o dito Gonçalvo Peres, et vosa muller et personas et a vosa mandamosla seelar con o seelo do dito cabilldo et sen el non vos la outorgamos.

Que foy feyto et pasou en o dito cabilldo, a veynte et seys dias do mes de jullio, ano do nasçimiento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçientos et sesenta et nove anos.

Testigos que foron presentes et outorgaron o dito foro: Juan Afonso, chantre; et Alvaro Rodrigues de Goyoso, arçediano de Neyra; et Gomes Garçia de Goyoso, arçediano de Deçon; et Ruy Lopes, liçençiado en decretos et jues; et Gonçalvo Rodrigues de Parga, thesoreyro; et Rodrigo Afonso, et Juan Ares da Tulla, et Diego Ferrnandes de Luases, et Diego Vasques, et Simon Alvares, et Juan Ares de Parga, et Rodrigo Afonso das Camoyras; et Pedro Mendes, et Pedro de Mera, et Ruy Dias do Freyxo, et Afonso de Galdo, et Gomes Ares, canonigos da dita iglesia, capitulantes.

Et eu Gomes Garçia de Goyoso, clerigo da çibdade de Lugo, notario publico por las abtoridades apostolica et ordinaria, a todo o que sobredito he en un con os ditos testigos presente foy et esta carta de foro, segundo ante min pasou, et foy outorgada por outro seendo ocupado de outros negoçios fielmente fis escripvir por rogo et pedimento das ditas partes et por ende fise aqui este meu signo et nome acustumados en testemoyo de verdade. Rogado et requerido.

Materias

notario; selo; arcediago; beneficiado; cabaleiro; campá; canon foral; capela; capela; casas; catedral; chantre; cóengo; concello; cortiña; crego; decreto; dereito; dignidades; escrituras; esposa; esposo; familia; festa; fidalgo; herdanza; horta; igrexa; licenciado; linde; marabedí; mesa capitular; mordomo; muller; notario apostólico; porta; racioneiro; rexedor; tesoureiro; cabido

Persoas

Afonso de Galdo, cóengo de Lugo; Álvaro Rodríguez de Gaioso, arcediago de Neira; Catarina Vázquez; Diego Fernández de Luaces, cóengo de Lugo; Diego Vázquez, cóengo de Lugo; Fernando de Castro, cabaleiro; Fernando Pérez de Grallal, cóengo de Lugo; Gómez Ares, cóengo de Lugo; Gómez García de Gaioso, arcediago de Dozón; Gómez García de Gaioso, notario apostólico; Gonzalo Rodríguez de Parga, tesoureiro de Lugo; Pedro Fernández de Mera, cóengo de Lugo; Pedro Méndez de Furís, cóengo de Lugo; Roi Afonso das Camoiras, cóengo de Lugo; Roi Afonso, cóengo de Lugo; Roi Díaz do Freixo, cóengo de Lugo; Roi López, xuíz e provisor de Lugo; Simón Álvarez, cóengo de Lugo; Xoán Afonso Picado, chantre de Lugo; Xoán Ares da Tulla, cóengo de Lugo; Xoán Ares de Barrio Falcón, racioneiro de Lugo; Xoán Ares de Parga, cóengo de Lugo; Gonzalo Pérez de Luaces, rexedor de Lugo

Outros

Lugo, bispado; Lugo, concello; Lugo, cabido

Lugares

Barrio Falcón; Camoiras, As; Castro; Dozón; Freyxo; Gaioso; Galdo, Santa María; Grallás; Luaces; Mera; Neira, antiga xurisdición e arcediagado; Parga, antiga xurisdición; San Román; San Román, Santa Cristina