GMH/ÍNDICE A-Z

845
1381, outubro, 24. Lugo

Afonso Fernández, sancristán de Lugo, con autorización do bispo, afóralles a Xoán Rodríguez e á súa muller e a unha voz unha casa situada na Ferraría, por renda anual de 40 marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 87r.

Sabeam quantos esta carta virem commo eu Affonso Fernandes, sanchristan da iglesia cathedral de Sancta Maria de Lugo, et procurador da obra da dita iglesia, con outorgamento et liçençia do onrrado sennor don frey Pedro Lopes da orden dos preegadores por la graçia de Deus et da santa iglesia de Roma, obispo de Lugo, que esta presente et outorgante, dou aforo et avervo a vos Johan Rodrigues, coytelleyro, morador en Lugo, et a vosa muller, Maria Eanes, et a huna pessoa qual o postrimeyro de vos nomear en vosa vida ou a tempo de voso finamento, a casa que esta enna Ferraria que he da dita obra, a qual ora tinna alugada Johan de Lovea, clerigo, et esta de huna parte a par da cassa en que soya morar Aras Affonso, correeyro, et da outra parte esta outra cassa en que ora mora Fernan d’Abrunae, correeyro; a tal condiçon que a apostedes et moredes et refaçades de todos los lavores que lle feser mester, et a mantenades feyta et en boo paramento, et dedes de renda et foro dela a min, ou a aquel que for procurador da dita obra, quareenta moravedis d’oyto soldos cada moravedi en cada hun anno por dia de Sant Martino; et a finamento da postrimeyra perssoa que para ello for nomeada que a dita casa fique feyta et livre et quita et dessenbargada con todos los boos paramentos que en ella foren feytos a a dita obra et a aquel que dela for procurador.

Et eu, o dito Johan Rodrigues, que presente estou por min et por la dita mina muller et pessoa que for nomeada asy reçebo de vos, o dito Afonso Fernandes, et procurador sobredito o dito foro et vervo da dita cassa et obligo min et meus bees et seus deles de comprirmos et pagarmos et guardarmos todo esto que sobredito he en quanto a nos perteesçe. Et eu, o dito Affonso Fernandes, procurador sobredito, asy vos-lo outorgo. Et que esto seia çerto nos as ditas partes rogamos a Johan Aras, notario publico de Lugo, que fesesse desto duas cartas en hun thenor, huna para min o dito Afonso Fernandes et outra para min o dito Johan Rodrigues.

Que foron feytas en Lugo, viinte et quatro dias de outubre, era de mill et quatroçentos et dez et nove annos. Testemoyas que estavan presentes: don Johan Afonso, dayan; don Alvar Dias, arçidiago d’Aveancos; Lopo Rodrigues de Maçeeda, demandador; Diego Alvares de Bobeda; Afonso Touron, et outros.

Et eu Johan Aras, notario publico de Lugo por auctoridade do bispo desse lugar, a esto fuy presente con as ditas testemoyas et vi en commo o dito sennor obispo outorgou o dito vervo, et fiz escripvir et puge aqui meu signal en testemoyo de verdade.

Johan Aras notario.