GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro de Notas de Álvaro Afonso

149

marzo, 16

Xoán Cansado, veciño de Ourense, recibe 120 mrs. de Pedro Sánchez de Pontevedra, polos que lle dará tres moios de viño no seu tempo. (fol. 45v)

Pero Sanches.

A XVI dias do mes de março, Joan Cansado vesiño d’Ourense reçebeu de Pero Sanches de Pontevedra çento e viinte mrs. branca en tres dños., de que se deu por pago etç. por los quaes se obrigou de lle dar tres moyos de viño de lagar a esta dorna primeira que ven, que seja boon viño puro e sen agoa, a como valuer rega chaan, nen a mayor nen a menor forro e quito, penna V .- etç., sobre lo qual outorgou obrigaçon forte e firme etç. Tests. Diego Meendes escripvano e Diego Favereiro e Joan do Bouteiro.