GMH/ÍNDICE A-Z

1034
1432, setembro, 12. Lugo

O Cabido de Lugo acepta como administrador de marzo no Incio e no Mao ó cóengo Lopo Fernández. (Traslado incluído en: 1433-I-8, Rendar, CD nº 1035).

MADRID, AHN, Carp. 1337 nº 14, perg. orix., galego, cortesá, 370 x 260 mm.


   

Ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et trinta et dous anos, dose dias do mes de setenbre. Seendo o dean et cabidoo da eglesia de Lugo en seu cabidoo dentro en o thesouro da dita iglesia por tangemento de canpaa, segun que han de uso et custume, et seendo y de presente Lopo Fernandes, coengo en a dita eglesia de Lugo, en presença de min notario et testigos de juso escriptos, enton o dito dean et cabidoo et personas del, que de juso seran nominadas, diseron por min, o dito notario, que por rason que Afonso Ares de [Lier], coengo et administrador do mes de março en terra de Somoça et do Inço et do Maao, dera et outorgara o arçiprestado do Inço et do Maao a o dito Lopo Fernandes, coengo, por çertas condiçoes para que pagase çerta contia de maravedis en sua vida por lo dito arçiprestado et rentas et dineiros del a o cabidoo da eglesia de Lugo, que eles que reçebian et reçeberon por administrador do dito arçiprestado do Inço et do Mao a o dito Lopo Fernandes, coengo, en a maneira que lle dera et outorgara o dito Afonso Ares de Lier por en toda sua vida do dito Lopo Fernandes et durante a vida do dito Afonso Ares, et se o dito Lopo Fernandes dante finase que o dito arçiprestado ficase a o dito Afonso Ares et que [...] et confirmava as [...] et foros feytos por lo dito Lopo Fernandes, coengo, et que el seguese de aqui endiante a tenpo de seu finamento et fose administrador dese arçiprestado. Et o dito Lopo Fernandes, coengo, asi o pediu signado. Et o dito dean et cabidoo asi llo outorgaron con todo poderio de apresentar et colar as eglesias et partes delas perteesçentes a a dita eglesia de Lugo en a dita administraçon, et aforar, et con toda a outra jurdiçon espiritual et tenporal que a eles de dereito han en o dito arçiprestado et administraçon perteeçe de dereito.

Testemoyas que eran presentes et otorgaron o dito contrabto et poder: don Martin Vidal, dean; Rui Lopes, arçidiano de Neyra; Afonso Ruys, arçidiano de Aveancos; Lopo Afonso, arçidiano de Deçon; Lopo Dias, mestrescola; Pero Lopes, Fernan Peres, Nuno Gonçalves, Juan Dias, Afonso da Bayla, Juan Monteyro, Pedro Afonso, Rodrigo Afonso, coengos da dita eglesia.

Et eu Alvaro Fernandes, notario publico no dito couto por la iglesia de Lugo, a todo esto que dito he con as ditas testemoyas presente foy et a rogo et por mandado das ditas partes esta carta et contrato en mina presença fis escripvir et trasladar o dito poder bem et fielmente de punto a punto, ho qual poder era feito en papel et signado do signo de Pedro Fernandes de Silvarrey, segundo que por el pareçia, et en esta fis meu signo en testemoyo de verdade que tal he, et ho dito Lopo Fernandes firmou de seu nome.