GMH/ÍNDICE A-Z

326
1355, febreiro, 24
foro

Os clérigos do coro afóranlles a dúas voces a Fernando Pérez e á súa muller, María Míguez, unha viña no Seixo por 21 libras.

ACOu, Clérigos do Coro, 64

Sabean quantos esta carta [viren] que nos Johan Eanes de Laroaa e Martin Fernandes clerigos do coro da igleia d’Ourense procuradores da universidade dos ditos clerigos do coro por mandado e outorgamento de Thome Anes e Fernan Peres capelaens de Santa Ouffemea e da moor parte dos ditos clerigos, afforamos a vos Fernan Fernandes morador em Ourense a su a porta da Burgaa e a vosa moller Maria Migues que he presente e a duas vozes apus vosa morte danbos, e o postrimeiro que se de vos finar que nomee a primeira voz e a primeira voz que nomee a segunda e se non foren nomeadas que seia voz aquel que herdar os beens do postrimeiro que se de vos finar ou os da dita primeira, huna leyra de vina que os ditos clerigos e universidade delles am em termio d’Ourense no lugar hu chaman o Seyxo, a qual parte da huna das yllargas pela leyra de Garçia Anes mercador e da outra pelo camyno vello e en çima entesta enna seara do Seyxo e en fondo fere na leyra de Gonçalvo das Traves. Afforamos vos a dita leyra de vina con suas entradas e seydas con seus dereitos e perteenças por condiçon que a lavredes e paredes bem em maneira que non desfalesca por mingoa de lavor e de boon paramento e façades dela ao señorio seus foros e dereitos que por ela ha daver, et dedes aa universidade dos ditos clerigos ou ao que pelo tenpo for seu moordomo cada anno enno dito tenpo viinte e huna libras de diñeiros brancos desta moeda husual que agora corre de que contan xlª pares de diñeiros novos por tres libras por dia de Natal. Et a aiades livre e quite doutra carrega e doutro enbargo no dito tenpo. Et obligamos os beens da dita universidade por que vos e vosas vozes sejades anparados e deffessos a dereito con a dita leyra de vina enno dito tenpo. Et nos os ditos Fernan Fernandes e Maria Migues \#/ assy reçebemos de vos os ditos Johan Eanes e Martin Fernandes procuradores sobre ditos a dita leyra de vina que nos afforades commo dito he, et para lavrar e parar bem e pagar e conprir e agardar segundo dito he obligamos todos nosos beens gaañados e por gaañar. Et outrossi foy posto que se os ditos Fernando Fernandes e Maria Migues e as ditas vozes ou cada huun delles quisessem vender, deytar ou supinorar ou obligar a dita vina ou parte dela que a vendessem, deytassem ou supinorasem ou obligassem ante aa dita universidade dos ditos clerigos ca a outre nenhuun polo justo preço que outre por elo desse, et se a dita universidade assi non quisese, que enton a vendessem, deytassem ou supinorassem ou obligassem aa tal pessoa que seia semellavel delles e que a elles faça o dito foro en paz e en salvo segundo que elles son tiudos de fazer. Et outrosi foy posto entre elles que a parte que contra esto pasar e o non quiser conprir e agardar que peyte aa outra parte que en elo quiser estar e o quiser conprir e agardar por nome de pena cen mrs. de bancos, et a dita pena pagada ou non que esta carta e afforamento sobre dito ficasse firme e valuesse enno dito tenpo. Et desto em commo pasou as ditas partes pediron a min notario que lles desse ende senllas cartas partidas por .a.b.c. feytas em huun tennor. Et eu de meu offiçio dey ende esta que tal he aos ditos Fernando Fernandes e Maria Migues. Feita a carta em Ourense, viinte e quatro dias de fevereiro, era de mill e trezentos e noveenta e tres annos. Testemuyas que presentes foron Romeu Peres, Joan Peres alfayate e Fernando Peres e Johan Domingues das Figueiras carpenteiros moradores en Ourense. # por nos e polas ditas vozes.

Et eu Nuno Eanes notario publico da çibdade d’Ourense polo bispo e pola igleia desse lugar que a esto presente foy e o escripvy e meu nome e signal y puge en testemuyo de verdade que tal he. E non enpeesca hu vay por signal em mendado ante desta suscripçon hu diz ‘por nos e polas ditas vozes’, ca eu dito notario o enmendey y con myna maao.

(sinal)

[reverso] Carta da viña do Seyxo.