GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Fragmentos de notarios

D236
1459, xuño, 11
Roi Vázquez de Puga, escudeiro, afora a perpetuidade a Xoán Estévez unha leira de viña sita na freguesía de San Mamede de Puga por sexta de uvas. (fols. 66v-67v)

Carta de Joan Esteves de Puga.

Sabean quantos esta carta de aforamento viren como eu Roy Vasques de Puga escudeiro, dou et outorgo aforo a vos Joan Esteves que sondes presente et a vosa moller Costança Gomes que non he presente, moradores enna freigesía de San Momede de Puga et a todas vosas voses para senpre, conben a saber que vos aforo huna leyra de viña que he miña de disemo a deus et jas enna dita freygesia de San Momede de Puga que (seran ata)* parte de huan das partes et da outra con viñas do Cabiidoo que labra Joan Lourenço et con outra vosa viña de vos o dito Joan Esteves et en çima en viña de vos o dito Joan Esteves et en baixo enna congostra do Pradusello, segundo que de min teendes et a trajedes a jur et a maao; aforo vos a dita leyra de viña con todas suas entradas et seydas et dereitos et jures et perteesças por hu quer que os aja et deva aver de dereito, por taes condiçoes que labre-des et paredes ben a dita leyra de viña de todos los labores que lle conpriren et foren neçesarios en tal maneira como non desfallesca por mingoa (fol. 66v)
de lavor et de boon paramento, et que me façades da dita leyra de viña et de todo o viño que deus en ela der foro de sesta, a qual novydade (coll)* colleredes por meu mayordomo, ao qual probeeredes de comer et de beber cumunalmen te en quanto collerdes a dita novidade, et por quanto a dita viña he toda prantada de viño branco darmedes o dito foro de sesta enno lagar et levaredes todaslas ubas por vosa custa ao dito lagar et darmedes o dito foro de sesta en pas et en salvo enno lagar por ollo de meu mayordomo, et do al que ajades a dita leyra de viña de disemo a deus livre et quite de todo outro tributo, çenso et encarrego alguun, et se vos ou as ditas vosas voses quiserdes vender, deytar ou supinorar a dita leyra de viña que primeiramente frontedes con ela a min et a miñas voses para que a ajamos por lo justo preço que vos outro por ela der ante que a outro alguun segundo que o dereito manda en tal caso, et obrigo todos meus beens movelles, reyses, avydos et por aver para vos faser saan et de pas a dita leyra de viña et para vos defender con ela a dereito; et eu o dito Joan Esteves que soon presente por min et por la dita miña moller que non he presente et por todas miñas voses asy o outorgo et reçebo en min aforada a dita leyra de viña de vos o dito Rodrigo Vasques porlas maneyras et condiçoes que ditas son, et para a(s)* lavrar et parar ben et faser o dito foro de sesta et conprir et agardar todas las cousas et condiçoens que en esta carta son contiundas et cada huna dellas obrigo a ello todos meus beens et da dita miña moller, movelles et reises, avydos et por aver, et qual quer de nos as ditas partes que contra esto for ou pasar et o non conprir et agardar (fol. 67)
que peyte aa parte agardante por nomme de penna dosentos mrs. de boa moeda et a vos del rey outros tantos et a dita pena pagada ou non esta carta et as cousas en ela contiundas fiquen firmes et vallan para senpre. Feita a carta enna çidade d’Ourense, onse dias do mes de juyo, anno domini Mº CCCC LIX (IX)* annos. Tests. que foron presentes Fernando Afonso et Rodrigo de Monterroso et Diego Fernandes et Pero de Pynor, vesiños da dita çidade.