GMH/ÍNDICE A-Z

554
1350, marzo, 3. Lugo

O bispo e o Cabido de Lugo afóranlle a Lope López e a dúas voces o casal de Sernande, en San Salvador de Camoira, e reciben a cambio o casal e pazo de Santa María de Teixeiro, cuxo usufruto reservan para si o beneficiario e as dúas voces.

MADRID, AHN, Cód. 417 B, fol. 48r. v

Sabeam quantos esta carta virem commo nos don frey Pedro Lopes da orden dos pregadores por la gracia de Deus et da santa iglesia de Roma, obispo de Lugo, et conffessor do moy nobre inffante don Pedro, con outorgamento do cabidoo da nossa iglesia de Lugo, et de Johan Ferrnandes, nosso coengo, vigario de don Diego Ferrnandes, dayan desse lugar, avervamos a vos, Lopo Lopes d’Aguiar para en toda vossa vida et d’outras duas pessoas pus vos, semellaveles de vos, a huna delas qual vos nomeardes en vossa vida ou a tempo de vosso finamento, et a outra qual nomear a pessoa que vos nomeardes, o noso casal de Sesnande que he ennas Camoyras, con todas suas dereyturas et pertenenças, a montes et a fontes, per ut quer que vaan, sub signo de san Salvador de Camoyra, por tal condiçon que vos et as ditas pessoas que façades lavrar et parar ben as herdades do dito casal en maneyra que se non pergan con mingoa de lavorio et mantendaes as cassas en boo estado.

Et eu, o dito Lopo Lopes, que pressente estou, assy reçebo o vervo do dito cassal para min et para as ditas pessoas de vos o dito sennor obispo et cabidoo, et por esta graçia et merçee que me fasedes para min et para as ditas pessoas dou eu logo, a a iglesia de Lugo, para senpre por iur de sua herdade, o meu casal et herdamento que eu aio en Teyxeyro, con o paaço del que y esta, et con todas suas dereyturas et pertenenças, a montes et a fontes, peru quer que vaa, sub signo de santa Maria de Teyxeyro, a a tal condiçon que eu et as ditas pessoas que en ellas foren nomeadas que aiamos anbos os ditos cassares en nossa vida, et a finamento da pustrimeyra pessoa que for nomeada en elles, segundo dito he, que o dito cassal de Sessnande, que me vos dades enna maneyra que sobredita he, et este outro casal et herdamento et paaço de Teyxyeyro, que vos eu dou enna maneyra que sobredita he, que fiquen anbos livres et quitos et desenbargados de min et de toda minna vos, a a iglesia de Lugo con todos los boos paramentos que y foren feytos, et con dous boys et duas vacas et huna porca de provo en cada hun dos ditos cassares.

Et nos, o dito sennor et cabidoo et vigario do dayam, assy vos outorgamos o dito vervo dos ditos cassares et recebemos logo para a dita nosa iglesia o dito cassal de Teyxeyro con seu paaço, que nos vos dades, enna maneyra que sobredita he.

Et eu, o dito Lopo Lopes, assy o reçebo et obligo min et todos meus beens para o comprir enna maneyra sobredita.

En testemoyo desto nos, o dito sennor obispo, rogamos a Jacome Guillelmes, notario publico del rey en Lugo, que fesese desto duas cartas en hun tenor et possesse en cada huna delas seu signal, et por mayor firmidue mandamoslas seellar con seellos de nos, o dito sennor obispo et cabidoo, colgados.

Feytos enno coro da nossa iglesia de Lugo, tres dias de março, era de mill et tresentos et oyteenta et oyto annos.

Testemoyas: don Fernan de Deus, chantre; don Affonso Gomes, arçidiago de Deça; don Ruy Fernandes, arçidiago de Neyra; don Garçia Dias, arçidiago de Sarrea; don Vaasco Rodrigues, arçidiago de Deçon; don Vaasco Dias juys; Johan Dias, Thomas Gonçalves; Alvar Rodrigues, Rodrigo Affonso, coengos, et outros.

Et eu Jacome Guillelmes, notario publico de noso sennor el rey enna çibdade de Lugo, a esto pressente foy con as ditas testemoyas, et a rogo do dito sennor obispo et vigario do dayan, et cabidoo et Lopo Lopes esta carta escrivi et puge y meu signal en testemoyo de verdade.