GMH/ÍNDICE A-Z

174

1421, marzo, 17.
O Concello manda ós procuradores que fixesen endereita-las portas da muralla de fechaduras e ferrollos e palmelas e pedra e madeira que lles fose neçcesaria. Ó mesmo tempo ordena que estivesen abertas as portas do Camiño, Mazarelas, Faxeiras e Trindade, poñendo nelas gardas e permanecendo as outras pechadas.
Fernan Ares Xarpa, cidadán de Santiago, declara ter recibido dos procuradores os maravedís que tiña por mercede nos marcos do Rei.
Juan de Boado, crego do Coro da Igrexa de Santiago, declara ter recibido 150 maravedís, salario por arma-lo reloxio.
Afonso Lorenzo, racioneiro de Santiago e capelán da capela de Santa Catalina, declara ter recibido 150 maravedís que tiña por dita capelanía.
O Concello acorda nomear procurador do mesmo a Rui Freire, escudeiro, ó que se lle sinalan mil maravedís de soldo e se lle toma xuramento.

Des e sete dias do mes de março, seendo juntados en consistorio enna notaria de Ruy Martines, notario da çidade de Santiago segundo que an de costume, presentes ende Martin Serpe e Gomes Rodriges, alcalles, Fernan Gonçales, Martin Galos, Afonso Fernandes, Juan Ares da Cana, jurados da dita çidade e en presença de min Fernan Eanes, notario publico e scusador etc... e dos testemoyas etc.; enton os sobreditos mandaron a Juan Raposo e Nuno Vinagre, procurador do conçello da dita çidade que presentes estavan que fesesen apostar e endereçar as portas da çerqua da dita çidade de fechaduras e ferrollos e palmelas e pedra e madeira que lles fose neçesaria e que lles seria reçebido en conta o que ende gastasen.
Iten mandaron que estevesen abertas as portas do Camiño e Maçarelas e Fajeiras e da Treydade e que posesen en elas gardas e as outras portas que estevesen çerradas. Testemoyas: Pero Eanes Abraldes e Fernan Ares Xarpa, Ares Chantreiro e Juan Fernandes da Cana, Vasco Gomes de Marçoa e Rui Freyre e Juan Gonçales da Caña, vesiños da dita çidade.
Predito.- Sabean quantos esta carta viren como eu Fernan Ares Xarpa, cidadão de Santiago, outorgo e conosco que receby de vos Juan Raposo e Nuno Vinagre, procuradores do conçello da dita çidade os maravedis dos marquos que eu teño en merçed de noso señor el rey os quaes son do anno pasado de mill e quatroçentos e viinte annos e renunçio a toda exeçon que nunca ende diga o contrario e aa ley do aver non dado nen contado, visto nen reçebido, nen pagado en presença do notario e testigos (sic) e dou por quito e livre dos maravedis dos ditos marquos do dito anno a o dito conçello e a vos os ditos procuradores en nome del para todo senpre. Testemoyas: Afonso Fernandes Abril, jurado da dita çidade e Fernan Juliate, canbeador e Gomes de Santa Aya home de Gomes Rodriges, bachiller en Decretos.
Predito.- Juan de Boado, clerigo do coro da igllesia de Santiago, confesou que reçebera de Juan Raposo procurador do dito conçello, çento e çinquoenta maravedis, contando branqua en tres dineiros, do seu selario de armar o relogio (e son) do anno pasado de mill e quatroçentos e viinte annos e renunçiou etc. e aa ley etc... Testemoyas: Pero Fernandes de Trivaldes, coengo de Santiago e Pero Eanes, seu criado.
Predito.- Afonso Lourenço, raçioeiro de Santiago et (sic) capelan da capela de Santa Catalina da dita igllesia confesou que reçebera de Juan Raposo e Nuno Vinagre procuradores do dito concello, çento e oyteenta maravedis que avian de aver por la dita capela o dito anno de mill e quatroçentos e viinte annos e renunçiou etc... e aa ley etc... Testemoyas: os sobreditos.
(Fol. 90)
Predito.- Mandaron que Juan Raposo pagase a min notario e escusador por las apelaçoes da çisa que dey sinadas de meu sino o que arbitrasen Ares Chantreiro e Alvaro Gil. Testemoyas: os sobreditos.