GMH/ÍNDICE A-Z

0

Nota da carta de visinança que se ha de dar a os vesiños da çidade quando van con sus mercadurias a algũas partes do Regno1.
A todos los conçellos et alcalles et juizes et justiças et meirinos et alguasiis et outros ofiçiaes quaesquer et a os que collen et recabdan en renda ou en fieldade ou en outra maneira qualquer os portadgos et peajes de todas las çiudades, vilas et logares dos regnos et señorios de nosso señor el rey don Juan2 que Deus manteña, asi realengos como abadengos et de ordés et señorios et a qualquer ou quaesquer de vos o conçello, alcalles et regidores jurados et omes bõos da çidade de Santiago vos enviamos soudar como aqueles para quen queriamos que Deus dese moyta onrra et boa ventura fazemosvos saber que o dito señor rey franqueou et feso exsentos et franquos por seu privellejo a todos los vesiños et moradores desta dita çidade de todos los ditos portadgos et peajes de todas las ditas çidades et vilas et logares. Et agora sabede que (en blanco) noso veziño morador en esta dita çidade vay ou envia a o que esta carta vos mostrara con suas mercadurias por algũas partes dos ditos reynos et señorios et trager outras para esta dita çidade porque vos disemos da parte do dito señor rey et vos rogamos da nosa que gardando o dito privillegio et o que o dito señor rey por el manda non tomedes nen prendades nen enbargedes nen consintades tomar nen prendar, nen enbargar a o dito (en blanco)[ou a o que por el vos] esta carta os mostrare cousa algũa do seu que levar ou trouxer en qualquer maneira por rason dos ditos portadgos et peajes nin por algũos deles, pois el he noso vesiño et morador en esta dita çidade et en esto faredes o que devedes et gardaredes et conpliredes o que dito señor  rey vos manda et nos gradeçervos lo hemos et porque desto sejades çertos mandamoslle dar esta nosa carta de vesindade signada do signo de Fernan Peres escripvan de camara do dito señor rey et notario publico de numero de nos o dito conçello. Feita en Santiago (blanco) dias del  mes de (blanco) anno do Nasçemento de Noso Señor Jhesu Christo  de mill et quatroçentos et des et seys annos. Et esta carta non valla mais de hũu anno.
Et eu Ruy Martines, notario sobredito por mandado do dito conçello fis scripvir esta carta de veçindade et puge en ela meu signo en testemoyo de verdade que tal he.
Vaasco Damil?3, Fernando Lopes, Pero da Arouça, canbeador, Alonso-Lopes, mercador, Afonso Fernandes de Bamela, Juan Danico, Fernando de Valay, Fernando de Ageda, Rui Fernandes, vesiño de Santiago, Pero Comes o Vello, mercador, vesiño de Santiago4, Vaasco de Barcala noso vesiño, Rui Fernandes5, vesiño de Santiago. Nosos vesiños Juan Gonçales de Bamela et Lopo Seleiro, mercadores, Alonso Lopes et Afonso Eanes, mercadores, (...) do Vilar, Pero Parente,  Jacome da Manteyga, Jacome de Medin, nosos vesiños Lopo Ferrador

(Fol 1)6

1 Ó dorso.
2 Sobre liña: Enrique.
3  Aparecen as sinaturas de diferentes persoas, en diversos lugares do folio, algunhas ilexibles polo estado do pergameo. Lémo-las que indicamos.
4  O nome do testado.
5  O nome do testado.
6  Como se faltaran folios, aínda que a numeración fíxose neste que, vese, é continuación.