GMH/ÍNDICE A-Z

873
1386, novembro, 15. Lugo
Cláusula do testamento de Fernando Rodríguez, clérigo do coro de Lugo.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 24v, traslado ao Libro do Cabido polo notario Xoán López.

Sabeam todos que eu Johan Lopes, notario publico de Lugo, vii et lii huna carta de testamento de Fernan Rodrigues dito Leiton, clerigo do coro de Lugo, scripto en papel et subscripto et signado de meu signal, enno qual testamento entrellas outras cousas se continna huna clausulla que dis asy: “Item mando a Pero Lopes, clerigo do coro de Lugo, meu criado, que aja et tenna por en toda sua vida a casa que esta en Lugo en Barro Falcon, que ora de min ten alugada Tareyia Rodrigues, dita Tata, a qual casa me mandou por en toda minna vida Johan Peres, clerigo, dito [Mango]longo, con condiçon que a tevese et usase en minna vida et a minna minna (sic) morte que a leyxase a hun clerigo de misa do coro de Lugo; et que este dito Pero Lopes, clerigo, aia esta dita casa por en toda sua vida et rogue a Deus por minna alma et do dito Johan Peres, clerigo, et d’aquelles cuia foy, et con condiçon que el nonna posa vender, nen supinorar, nen canbear, mays a a sua morte posa leygar a dita casa a outro clerigo de misa do dito coro con esta condiçon que faça bem por la alma do dito Johan Peres et minna et d’aquelles cuia foy, et encarrego desto a conciençia do dito Pero Lopes”. Et a pitiçon do dito Pero Lopes a dita clausula saquey do dito testamento, et por mandado et autoridade de Thomas Gomes, juyz de Lugo, a dita clausulla aqui fiz escripvir en mina presença et tirar do dito testamento.

Feyto foy esto en Lugo, quinse dias de novenbre, anno da naçença de Ihesu Christo de mill et CCCº LXXXVIe annos.

Testemoyas que viron o dito testamento et foron a esto presentes: Afonso Eanes, et Roy Lopes, et Gonçalvo Peres, notarios de Lugo, ts., et outros.

Et eu o sobredito Johan Lopes, notario publico de Lugo por lo sennor obispo desse lugar, a todo esto que sobredito he con as ditas testemoyas presente fuy et esta clausula aqui en minna pressença fis escripvir et puge y meu signal en testemoyo de verdade.