GMH/ÍNDICE A-Z

144
1323, xaneiro, 14
arrendamento

O cabido arréndalles vitaliciamente a Lourenzo Iáñez Suterravellas e á súa muller, Sancha Pérez, unha viña, por 110 mrs.



ACOu, Escrituras XVII, 84

Sabeam quantos esta carta viren que nos dom Johan Rodriguez chantres e vigario de dom Vaasco Perez deam d’Ourense e o cabidoo desse lugar arrendamos a vos Lourenço Eanes Suterra Vellas em vossa vida e de vossa moller Sancha Perez huna leyra de viña que nos avemos em termio das Lageas, a qual de nos tevo arrendada Pero Moxena por tal condiçon que a lavredes e paredes bem em maneira que nom defalesca por mingoa de lavor e de boon paramento, et dedes cada anno ao dito cabidoo en salvo çento e dez mrs. da moeda branca del rey dom Fernando de que contan xvi pares de diñeiros por tres mrs. nom enbargante grando nen geada nen outra tenpestade, e os paguedes aos terminos commo he custume do cabidoo. Et para esto assi conprir o dito Lourenço Eanes e a dita sa moller obligaron si e todos seus beens gaañados e por gaañar e deron aynda consigo fiador e devedor e cada huun delles pello todo Johan Martines dito dos Chantos, este presente e outorgante e obligante a esto sy e todos seus beens. Et tan ben o dito Lourenço Eanes e a dita sa moller commo o dito Johan Martines renunçiaron que nunca desto dissessem o contrario en ninhuna maneira por sy nen por outre en juyzo nen fora del, e se o dissessem outorgarom que lles nom valuesse. Et se por ventura o dito Lourenço Eanes ou a dita Sancha Peres sa moller quiseren vender ou deytar a dita viña no dito tenpo que a vendam ou deyten ou enpenoren ao dito cabidoo ante ca a outre polo justo preço. Et se a o dito cabidoo nom quiser venduda ou obligada ou supenorada reçeber, entom a deven a vender ou deytar ou enpenorar a atal ome que seia semellavil delles et que cunpla e pague todas as cousas que elles am de fazer e pagar. Et os ditos Lourenço Eanes e Sancha Perez assy reçeberon a dita viña. Et o dito chantres e cabidoo obligaron todos seus beens de os anparar e defender a dereito com a dita viña no tenpo sobredito. Et renunciaron que nunca desto dissessem o contrario em juyzo nen fora del. Feyta a carta em Ourense, catorze dias de janeiro, era de mill e trezentos e sesseenta e huun anno[s]. Testimuyas que a esto presentes foron Françisco Martines ourives, Migueel Domingues de Puga clerigo do bispo, Migueel Eanes ome do bispo dom Gonçalvo.

Et eu Affonso Viviaez coengo d’Ourense e chanceler dessa cidade que presente foy a estas cousas sobre ditas e duas cartas partidas por .a.b.c. en un tenor em mia presença fige escrivir e dey ende esta ao cabidoo e meu sinal y puge.

(sinal)

[reverso] Litera capituli.