GMH/ÍNDICE A-Z

479
1434novembro, 19

Ante o mandato municipal para que os veciños colaboren na reparación das rúas da cidade, Afonso do Cabo solicita exención por non se atopar en condicións de facelo. (fol. 144v).

Afonso do Cabo.

Sabean quantos

Et despois desto, sesta feyra des et nove dias do mes de novenbro, Afonso do Cabo tomou testemunyo que por rason que era mandado que apostasen as ruas et por quanto el ao de presente estava fraco e non o podía logo apostar, que protestava de o apostar et de non caer en elo en penna alguna. Tests. Joan de Vobeda et Joan do Bouteiro e Vasco criados de min o notario.