GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

24
1303, marzo, 25

Xoán Fernández, Urraca Martíns e outros recoñecen o dereito do Cabido sobre a herdade do Pazo en Maare. O tesoureiro, en nome do Cabido, outórgallela a eles e aos seus fillos, e afóralles ademais outra herdade que a el mesmo lle corresponde no devandito lugar, por renda anual de tres terzas de pan e un porco.

MADRID, AHN, Carp. 1332 A/3 bis, carta partida por a.b.c., perg. orix., galego, gótica cursiva, 266x365 mm.

Sabeam quantos esta carta viren commo eu Iohan Ferrnandes et minna muller Marina Martines, et eu Iohan Pelaes et minna muller Elvira Martines, conosçemos que toda a herdade chamada do Paaço que e en Maaree, que foy de don Rodrigo, et que foron iures de don Pedro Eanes, maestrescolla que foy de Lugo, et de seu yrmao Martin Eanes et de Maria Pelaes, asy ygreiario como leygario, que e do cabidoo de Lugo, et que nos quitamos dellas para senpre, et se algun dereyto y avemos que o damos a o cabidoo de Santa Maria de Lugo, et renunçiamos todo o dereyto que nos y aviamos ou deviamos por aver et damoslo todo a o cabidoo sobredito. Et eu don Iohan Eanes, tesoreyro de Lugo, en nome do cabidoo de Lugo et con seu outorgamento dou a vos sobreditos esta herdade por en todos vosos dias et dos fillos et fillas que vos Marina Martines ouverdes deste Iohan Ferrnandes, et dos fillos et fillas que vos Elvira Martines ouverdes deste Iohan Peales, et dos fillos et das fillas que vos Orraca Martines ouverdes de Pay Neves, et da filla que vos Maria Martines avedes de Pedro Çibras que foy, et dos fillos et das fillas que vos Moor Martines ouverdes do primeiro marido liidemo que ouverdes. Et a a morte dos fillos et das fillas que vos cada un ouverdes que fique o quinon d'aquellos que foren pasados livre et quito a o cabiidoo sobredito de Lugo por cabeça con todas las boas paranças que voy y feçerdes, et se aquellos que ficaren vivos quiseren arrendar ou avervar o quinon d'aquellos que pasaren que o cabidoo ou aquel que tever a herdade sobredita pol-lo cabidoo que lles faça mayor amor et mayor allargança caa outro estrayo. Et demays eu don Iohan Eanes, tesoreyro sobredito, dou a vos os sobreditos en nome deste cabidoo en este vervo por en vosos dias a herdade que eu aio por nome do cabidoo sobredito de Lugo [en Maaree], que foy de Garcia Rodrigues et de Maria Rodrigues, a qual ora trage de min Affonso Rodrigues, et que me diades por toda esta herdade sobredita cada anno en renda tres terças de pan as duas terças de çeveyra et a outra terça de millo, do mellor pan que ouver ena herdade sacada a semente, et un porco boo çevado, o qual pan me avedes a dar cada anno por dia de San Martino, et o porco cada anno por dia de Natal. Et para esto comprirmos obligamos nos et todos nosos bees, todos de mancumune et cada un pel-lo todo, et espeçialmente nos Iohan Ferrnandes et Iohan Pelaes de conprirmos todo esto que sobredito he.

Et eu don Iohan Eanes tesoreyro sobredito en nome do cabidoo renunçio toda a demanda que eu avia contra estes sobreditos por rasos d'esta herdade.

Testemoyas: Iohan Peres, clerigo de Santa Alla de Rey; Fernan Affonso, raçoeyro; Miguel Peres seu clerigo; Iohan Çibras de Castello, Affonso Rodrigues de Maaree, Iohan de Fornellas, Domingo alguaçil, Miguel Peres da Vinna, Iohan Aras freeyro, Iohan Fernandes dito Varella.

Et despoys disto en outro dia XXVI dias deste mes sobredito estando o cabidoo eno coro en cabidoo asy commo he uso et custume de o faser quando saen da prima, outorgaron esta carta sobredita segundo que se en ella continna.

Testemoyas: chantres don Martin Eanes, et don Fernan Nunes et don Pay Rodrigues, arçidiagos, et Maestre Affonso arçidiago, Iohan Beçera, Fernan Ferrnandes, Nuno Martines, coegos.

Et porque esto seia çerto et non vena en dubta nos sobreditos rogamos a Fernan Peres, notario publico dado pel-lo bispo de Lugo a o conçello dese mysmo lugar, que feçese ende duas cartas partidas por A.B.C.

Que foron feytas XXV dias de março, era de mill et CCC et XLI anno.

Et despoys desto XXIX dias deste mes de março enna era sobredita Sancha Rodrigues, madre destas sobreditas, outorgou esta carta toda segundo que se en ella continna.

Testemoyas: Pay Neves, clerigo d'Ansiay; Iohan Ferrnandes, o sobredito Pedro Eanes et Iohan Eanes, piliteiros, Domingo, alguaçil, Affonso Peres, clerigo.

Et por mayor firmidume nos cabidoo sobredito mandamos seellar esta carta con noso seello de çera colgado.

Eu Fernan Peres, notario sobredito, a esto foy presente et a rogo destes sobreditos en minna presença esta carta fis escrivir et puys en ella meu sinal en testemoyo de verdade.

Materias

abc; albardeiro; albardeiro; alcume; alguacil; arrendamento; bispo; cabido; canon foral; catedral; cebada; cera; cóengo; cóengo; concello; confirmación; coro; crego; esposa; esposo; familia; festa; filla; gando; gran; horas; irmá; irmán; mesa capitular; mestrescola; millo miúdo; muller; nai; notario; obrigación; pai; pan; porco; preito; racioneiro; renuncia; selo; semente; viúva; pazo

Persoas

Afonso Pérez, crego; Afonso Rodríguez; Afonso Rodríguez de Marei; Domingos, alguacil; Elvira Martínez; Fernando Afonso, racioneiro de Lugo; Fernando Fernández, cóengo de Lugo; Fernando Núnez de Montenegro, arcediago de Sarria; Fernando Pérez, notario; García Rodríguez; Maior Martínez; María Peláez; María Rodríguez; Martiño Eanes; Martiño Eanes, chantre de Lugo; Mestre Afonso, arcediago de Dozón; Miguel Pérez da Viña; Miguel Pérez, capelán; Nuno Martínez, cóengo de Lugo; Paio Neves; Paio Neves, crego; Pedro Cibrás; Pedro Eanes, mestrescola de Lugo; Pedro Eanes, peliqueiro; Rodrigo Martínez, bispo de Lugo; Roi Martínez, bispo de Lugo; Sancha Rodríguez; Urraca Martínez; Xoán Ares, albardeiro; Xoán Becerra, cóengo de Lugo; Xoán Cibrás de Castelo; Xoán de Fornelas; Xoán Eanes, peliqueiro; Xoán Eanes, tesoureiro de Lugo; Xoán Fernández; Xoán Fernández, dito Varela; Xoán Peláez; Xoán Pérez, crego; Mariña Martínez

Outros

Lugo, bispado; Lugo, concello; Lugo, cabido

Lugares

Anseán, Santa Catarina; Castelo; Fornelas, Santa Comba; Lugo; Marei, Santa María; Paaço, herdade; Vinna