GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro de Notas de Álvaro Afonso

163

s/d

Avinza de Xoán Carneiro o vello, morador en Barbadás, con Men Suárez Galiñato, neto de Inés Anes da Fonteíña, da que o primeiro aforara bens raíces nesa aldea e sobre os que había tempo mantiñan preito. (fol. 51-51v)

Carta de Meen Suares e Joan Carneiro, pagadas VII brancas.

Sabean quantos esta carta viren como eu, Joan Carneiro o vello, morador enna aldea de Barbadaas, outorgo et conosco que por rason que eu et meu yrmaao Pero Carneiro que foy, morador que foy enna dita aldea, aforamos de Eynes Yanes da Fonteyña, moller que foy de Pero Alvares e avooa que era de Meen Suares Galynato que esta presente, todos los beens e herdamentos e casas e viñas e cortiñas que ela avya enna dita aldea, con condiçon que pagasemos a igleia da Triindade a terça parte do viño os seus dereytos et que desemos a dita Eynes Yanes e a sua voz para senpre tres puçaas de viño de lagar, da qual herdade coubo a min o dito Joan Carneiro de pagar dous puçaas de viño por las duas terças partes da dita herdade e ao dito Pero Carneiro meu yrmaao e suas voses outro puçal de viño por la terça parte da dita herdade, de por lo qual agora, de pouco tenpo a aco, andamos en pleyto e en contenda ontre min et o dito Men Suares, et agora por nos quitaremos do dito pleyto et contenda e viremos aviinça, fasemos contrauto e conpostura et aviinça en esta maneira que se sige, (f ol. 51)
que eu o dito Joan Carneiro que page por los tenpos et annos pasados a Catalyña Suares, vosa prima, seseenta e sete mrs. branca en tres dños., et des aqui em deante que eu et todas miñas voses para senpre que pagemos por los ditos beens et herdamentos a dita Catalyna Suares en sua vyda hun puçal et medeo de \boon/ viño de lagar de cada anno a dorna et despois do finamento da dita Catalyna Suares que page a vos o dito Meen Suares et a vosa voz para senpre o dito puçal et medeo de viño, para o qual obrigo todos meus beens movelles et reyses, avydos et por aver. Et nos os ditos Meen Suares et eu a dita Catalina Suares, con liçençia de meu marido Fernando Calbyno que me da liçençia para elo, asy o outorgamos e prometemos de o teer asy e de non pasar contra elo et de vos defender con elo a dereito segundo dito he etç. Penna quiñentos mrs. etç. Et eu, o dito Fernando Calbyño, asy dou a dita liçençia etç. Contrauto forte e firme etç. Tests. Afonso Magosto et Gonçalvo Martines da Fonteyna vesiño d’Ourense e Rodrigo de Pereyras e Estevo Gonçalves de Barbadaas.