GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro de Notas de Álvaro Afonso

420
1434setembro, 21
Xoán Pérez de Rioseco e Pedro Fernández de Porzomillos, homes bos no preito sobre un boi, mandan a Xoán Calvo que pague 75 mrs. a Gonzalo do Seixo. (fol. 128)

A XXI dias de setenbro Joan Peres de Rio et Pero Fernandes de Porçomillos notario, omens boons ontre Joan Calbeyro et Gonçalvo do Seixo e seu sogro Gonçalvo Estevees, sobre rason de hun boy e dos outros debates ontre elles, diseron que mandavan que o dito Joan Calvo que dese pagase ao dito Gonçalvo do Seixo por todo elo e por lo dito boy seteenta e çinqo .- vellos por todas custas e do al que os davan por livres et quites e das custas e de todo o al etç. e que mandavan as duas partes que o tevesen e conprisen asy su a dita penna do conpromiso etç. Tests. Nuno Gonçalves clerigo d’Allaris et Joan Fernandes de Proeente e Joan do Bouteiro.