GMH/ÍNDICE A-Z

388

s/d

Ares Fernández de Arxona e a súa muller Mariña Estévez traspasan a Afonso Fernández, carniceiro, a metade dunha casa coa súa parte de adega e “brancos”, sita na Rúa dos Brancos, coa condición de reparala e pagar os 95 mrs. de foro a García Díaz de Espinosa. (fol. 115v)

Afonso Fernandes carniçeiro. Feita e dada.

Sabean quantos esta carta viren como nos Ares Fernandes d’Argona et Mariña Esteves moller do dito Ares Fernandes, vesiños d’Ourense, anbos presentes e outorgantes, por rason que vos Afonso Fernandes carniçeiro, criado de Alvaro Carneiro, sondes omen que nos avede feito moytas boas obras e graças et ajudas que nos avedes feitos etç., damos e traspasamos en vos o dito Afonso Fernandes, en vosas voses por lo tenpo et voses que as nos teemos aforadas de Garçia Dias d’Espinosa, conben a saber que traspasamos en vos ameatade das casas con ameatade da adega et con ameatade dos ( fol. 115)
brancos que perteesçen as ditas casas, as qua ennas quaes nos agora moramos, que teemos aforadas de Garçia Dias d’Espinosa, et estan enna dita çidade enna Rua dos Brancos et parten con casas e adega do dito Garçia Dias e da outra parte con casa de Joan Garçia carniçeiro et ten as portas enna rua publica et feren detras em outra do dito Garçia Dias. Traspasamos en vos o dito Afonso Fernandes a dita ameatade da dita casa e con ameatade da adega e con ameatade dos brancos e camaras et sucamaras con todas suas entradas etç. por tal condiçon que pagedes ameatade do foro et penson que as ditas casas an que que son a penson çento e noveenta mrs., que ven a vos enna vosa ameatade XCV .- vellos, e que os pagedes aos praseos segundo que eu son obrigado de pagar ao dito Garçia Dias, et reparedes a dita ameatade da dita casa de todas las cousas neçesarias por vosa custa, et do al traspasoa en vos dise de disemo a deus etç. e a outra ameatade que fique a nos e a nosas voses e que pagemos a outra ameatade da dita penson etç. et por esta presente carta vos poemos enna posison etç. e renunçiamos etç. et obrigamos os beens do dito Garçia Dias que a nos son obrigados etç. Penna et eu o dito Afonso Fernandes asy reçebo en min traspasada a dita casa e adega e brancos e obrigo meus beens de pagar o dito foro etç. Penna quiñentos mrs. etç. Tests. Gonçalvo das Quintaas alfayate et Rodrigo escripvan et Joan do Bouteiro. (fol. 115v)