GMH/ÍNDICE A-Z

443
1434outubro, 9

Sentencia de Álvaro de Aguiar, vigairo do chantrádego, para que o clérigo Afonso Pérez, racioneiro do mosteiro de Arnoia, cumpra o contrato de foro a Xoán Domínguez, labrador. (fols. 133v-134a)

Joan Domingues d’Arnoya. Feita e dada a Joan Domingues.

Sabado, nove dias do mes do dito mes, en Ourense ennas casas de Alvaro d’Agyar vigario do chantradego, paresçeron ante el en juiso, da huna parte Joan Domingues labrador morador enna Arnoya e da outra parte Afonso Peres clerigo raçoeyro do mosteiro d’Arnoya, et o dito Joan Domingues demando ao dito Afonso Peres clerigo, disendo que en como o dito Afonso Peres vendera aforara Afonso Peres et a Maria Domingues seu tyo et Maria Domingues \Dominga Peres/ sua moller huna leira derdade e lobeo, que jaz enno lugar do Ryol, a qual le aforara para senpre et que lle pagou hun puçal de viño a dorna, do al de disemo a deus et por quanto se obrigara dela faser saan, que la fesese et que o pedía asy por sua sentença et o dito Afonso Peres diso que era verdade, o dito vigario diso que mandava por sentença ao dito Afonso Peres clerigo que enparase e defendese a dereito ao dito Joan Domingues con o dito foro que lle asy fesera, contiundo enna dita carta de aforamento e que llo fesese saao (fol. 133v)

et de paz \agora e para senpre/ so sopenna da penna contiunda enna dita carta e de todas las custas e dapnoos que ao dito Joan Domingues sobre elo recreçesen e as partes consentiron. Tests. Joan de Vyla Lonte e Vasco criado de min o dito notario e Vasco e Joan do Bouteiro.

Iten demandou mais o dito Joan Domingues ao dito Afonso Peres, disendo que vendera o dito puçal de viño ao dito Afonso Peres seu tio e o dito Afonso Peres clerigo negoo et o dito Joan Domingues pedio seer reçebido aa prova et o dito vigario mandou que o provase ata quinse dias. Tests. os sobre ditos.