GMH/ÍNDICE A-Z

244

maio, 18

Fernando Ramos obrígase a entregar no seu tempo dous moios de viño ao prateiro Salomón. (fol. 81)

Salamon prateiro.

A XVIII dias do dito mes, Fernando Ramos obrigou sy e todos seus beens de dar et pagar a Salamon prateiro dous moyos de viño de lagar, que seja boon viño puro e sen agoa, do viño das suas viñas que el labra a redor desta dita çidade et de lle dar os ditos dous moyos de lagar a esta dorna primeira que ven, so penna de llo pagar a como valuer a mayor valía enno mes de agosto do anno sigente, do qual preço se logo outorgou por pago etç. Sobre lo qual mandou faser obrigaçon forte e firme e deu a outra obrigaçon que lle tiña feita do anno pasada dos tres moyos de viño por nehua et non valla senon esta. Tests. Ares alfayate e Afonso seu criado. ( fol. 81)