GMH/ÍNDICE A-Z

127

1404, xullo, 15. Vilamaior-Mondoñedo.
Unión do préstamo da freguesía de Vilarente á Mesa Capitular de Mondoñedo, en virtude do decreto do bispo don Álvaro de Isorna, e comunicación feita á parroquia polo vigairo xeral do bispado.
A, papel, de 210 x 275 mm. Letra semigótica.

De min Ares Peres arçediago de Trasancos et vigario geeral por lo moyto onrrado padre et sennor don Aluaro por / la graça de Deus et da santa Iglesia de Roma bispo de Mendonedo oydor enna avdiença de noso sennor el rey a todos / los homes et mulleres fiigleses \ da iglesia/ de Sayoan de Villarente que he enna mestrescollia et a cada hun de uos soude en Deus. Façovos a saber que o dito sennor obispo de Mendonedo aneyxou ao dito cabidoo da dita sua iglesia cathedral / a meatade sen cura de toda a dita iglesia de Sayoan de Villarente que soya teer et leuar Pedro Deus raçoeiro de / Mendonedo que deus perdoe clerigo vltimo que foy dela. Et agora sabede que o dito cabidoo que enbia alo a Afonso Fernandes das Pontes coengo et a Gonsaluo Meendes raçoeiro notario para que reçeban a dita meatade sen cura da dita iglesia asy / aneyxada para o dito cabidoo. Porque uos digo mando et amoesto a primeira segunda terçeira vegada dandodo/vos hun dia por cada amoestaçon que deseste San Johan Babtista que ora passou endeante recudades et / façades recodir ben et conpridamente con todos los desemos rendas et froytos et casaria et dereitos que perteesçen / et perteesçer deuen en qualquer maneira aa dita meatade sen cura da dita iglesia de Sayoan de Villarente ao / dito cabidoo ou a quen el vos mandar et non a outro algun. Et sub a dita pena descomoyon mando a qual/quer clerigo do dito bispado que para esto for requerido que meta et apodere ao dito Afonso Fernandes coengo en nomme / do dito cabidoo enna poseson corporal do dito beneficio por liuros et cales et ornamentos et por campaa tanjuda segundo / que he de vso et de costume. Et en outra maneira o dito termino pasado et feitas as ditas amoestaçoes vos / non lo querendo asy faser nen conprir ou en estes presentes stenpos(?) canonica monicione premissa pono en bos et / en qualquera de vos que delo feserdes o contrario sentençia descomoyon. Empero se y algun omme que contra esto queyra / diser paresca ante min ao dito termino et eu gardarey seu dereito a cada hun. Dada en Villamor xv dias de jullio anno Domini mºccccº quarto.
Arias archidiacocnus vicarius (Rúbrica). Gundisaluus Menendi notarius appostolicus (Rúbrica).

(Reverso):
Anno Domini mº cccc quarto xviii de jullio estando aa porta da dita iglesia de Sayoan Esteuo Peres clerigo da dita / iglesia poso en posison da dita iglesia aneyxada ao dito cabido ao dito Afonso Fernanes coengo en seu mome et os figeses / que presentes estauan por sy et por los outros diseron que prestes de recudiren daqui endeante con os desemos / del ao dito cabido ou a quen el mandase et o dito Afonso Fernandes pediu testemoyo. Testemoyas Afonso Novo et Fernando Rodrigues Pedro Lopes de / Cabaneiro \ Roy Fernandes da Iglesia / moradores en la dita frigesia Joan Migelles criado que foy de Pedro Deus raçoeiro et Pedro Garçia de Juday et outros.
Gonçaluus Menendi notarius appostolicus. (Rúbrica).
M. 26 nº 17. Carta de instituiçon et de posison da meatade sen cura de Sayoan de Villarente. (Consérvanse vestixios dun selo de cera).