GMH/ÍNDICE A-Z

149

1432, xuño, 30. Vilamaior-Mondoñedo.
Don Pedro Enríquez de Castro, bispo electo de Mondoñedo, une perpetuamente ó Cabido de Mondoñedo o préstamo das igrexas de Santa Cecilia do Valadouro e de Santa María de Vilamor.
A, papel, deteriorado na súa parte superior, de 200 x 300 mm. Letra semigótica.

Nos don Pedro por la graça de Deus [...7] santa Iglesia [...18] nado da iglesia et obispado de Mondonnedo fasemos / a saber a uos o rector da iglesia de santa [...30] deadengo de Mondonnedo et a vos os clerigos / et benefiçiados prestameiros da dita iglesia que agora son et seran daqui adeante et a uos o rector da iglesia de santa Maria de / Vilamor sita enna amistraçon de Vilamayor et a outros quaesquer rendeiros et colledores da dita iglesia de Vilamor que agora / son et foren de aqui adeante que nos por çertas et legitimas causas que nos a elo moueron avemos vnido et aneyxado perpetuamente / aa mesa capitular da nosa iglesia de Mondonnedo dean et cabidoo todo o padroadego que he et foy senpre prestamo coonniseble / sito et adquisito enna dita iglesia de santa Çezilia con todo o dereito ao dito prestamo et prestameiros que del foron ata o presente / dia. Et eso meesmo avemos vnido et aneyxado perpetuamente aa dita mesa capitular dean et cabidoo de Mondonnedo o prestamo coonni/seble que son sesenta libras sito et adquisito enna dita iglesia de santa Maria de Vilamor. Por ende uos mandamos en ver/tude de santa obediençia et sub pena de excomoyon a todos et a cada huns de vos que vista esta nosa carta et dende endeante perpetuamente / recudades sen dificultade algua en cada hun anno aos ditos dean et cabidoo ou a seu çerto recado et non a outro algun con todos / los dereitos et tributos et padroadegos aos ditos prestamos et cada hun deles perteesçentes et adquesitos segundo que o mellor et mais conpri/damente avedes recudido aos prestameiros que dos ditos prestamos connisebles foron ata o presente dia. En testemoyo do qual / lles outorgamos esta nosa carta firmada de noso nomme et por lo notario jusoescripto. Dada enna nosa çibdade de Vilamaior o postremeiro dia do mes de juyo anno do nasçemento de noso sennor Jesucristo de mill et quatroçentos et trinta et dous annos.
Petrus electus mindoniensis (Rúbrica). Petrus porcionarius et notarius apostolicus (Rúbrica).