GMH/ÍNDICE A-Z

43

xaneiro, 15

Sentencia dos xuíces para que Gonzalo de Sarria cumpra as cláusulas do contrato subscrito con Pedro do Tiollo ou pagar a pena correspondente. (fol. 13)

Pero do Tiollo.

En este dito día e ora e por estas testemonyas, Loys Gonçalves e Afonso Yanes juises, audiençia da terça, mandaron por sentença a Gonçalvo de Sarria que quitase e relevase sen perdida e sen dapno a Pero do Tiollo da aviinça que lle fesera segundo que se contiña enno contrauto que logo y presentou e o dito Gonçalvo de Sarria diso que era verdade que lla fesera e o dito juis mandou por sentença ao dito Gonçalvo de Sarria que lle tevese a dita aviinça et non lla fasendo saa que lle pagase a penna do contrauto e o dito Gonçalvo de Sarria diso que en rason da pena que apellava. ( fol. 13)