GMH/ÍNDICE A-Z

1133
1459, xullo, 16 martes. Lugo

Roi López, sancristán da Igrexa de Lugo, fixo ler ante o Cabido unha carta de foro e pídelle-lo seu consentimento. O Cabido outórgao.

MADRID, AHN, Carp. 1333 B/11, perg. orix., galego, cortesá, 410 x 615 mm.
   

Ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et çinquoenta et nove anos, dia martes, des et seis dias do mes de julio. En a çiudade de Lugo en a iglesia cathedral açerca da porta por donde soben a os orgoos seendo as persoas canonigos et benefiçiados do cabildo da dita iglesia, que adeante seran nomeadaos, juntados en cabidoo segundo an de uso et de costume, en presença de min notario et dos testigos a juso escriptos paresçeu ende Ruy Lopez, sacristan da dita iglesia, que presentou et fezo leer ante os ditos senores do dito cabidoo esta carta de foro suso escripta, et ella presentada et liuda pedeu a os ditos senores do dito cabildo que tevessen por ben de consentir en el, segundo et en a maneira que se en el contina, et segundo por virtude do poder do dito senor Obispo, que para ello avia, por quanto non era maliçioso, nen enganoso et era proveytoso a o dito senor Obispo et a seus suçessores. Et logo os ditos senores do dito cabidoo disseron que elles sabian ben et eran ben enformados por personas dignas de fe et de creença que o dito foro he proveytoso a o dito senor Obispo et a seus suçessores, et non era maliçioso, nen enganoso, por ende que consentian et consentiron en ello et ho aprovavan quanto podian de dereito et o ratificavan et ratificaron. Et de como passou o dito Ruy Lopez pedeu a min, dito notario, que llo desse asi signado.

Testemoyas que foron presentes: Afonso Martines de Galdo, chantre; Gonçalvo Peres de Carvallido, arçediano de Sarrea; Gomes Garçia de Goyoso, arçediano de Deçon; Gonçalvo Rodrigues de Parrega, thesoreiro; et eu Pedro Afonso, canonigo et vigario do dean; Rodrigo Afonso, Gomes Vasques, Johan Vidal, Diego Fernandes, Diego Vasques, Lope Garçia, Johan Ares de Parrega, Rodrigo Afonso das Camoyras, et Pedro Fernandes de Mera, canonigos da dita iglesia.

Et eu o dito Pedro Afonso, canonigo et notario publico da dita çiudade et obispado de Lugo por lo senor Obispo et iglesia desse lugar, a todo o suso contiudo con as ditas testemoyas presente foy et esta carta de consentimento et ratificaçon por mina mao propia escripvi et aqui puge meu nome et signal acostumada en testemoyo de verdade que he tal, rogado et requerido. Non enpeesca onde vay escripto entre rengloes que dis senores que non foy viçio mays error de escrivan.