GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro de Notas de Álvaro Afonso

159

marzo, 20

Martín Sánchez, abade da Trindade, provisor do bispo, prové do oficio de chanceler ao bacharel e racioneiro Afonso Anes de Palmoi. (fol. 50)

Afonso Yanes bachiller.

Et despois desto, día sabado viinte dias do dito mes de março en Ourense, enno curral do bispo, o señor don Martin Sanches, abade e provisor do bispo d’Ourense, en nome do dito señor obispo diso que provia e proveo do ofiçio de chançeller que tiña Pero Sardo a Afonso Yanes de Palmoy, bachiller raçoeyro enna igleia d’Ourense, ao qual probia e façia merçed do dito ofiçio para que des aqui en deante usase del, e lle dava autoridade para que podese signar todos los testamentos et cartas et escripturas e levase selarios acustumados etç. para o qual logo feso juramento en forma etç. Tests. Ares Gonçalves de Lariño coengo enna dita igleia et Joan Branco et Afonso e Rodrigo criados do dito vigario. ( fol. 50)