GMH/ÍNDICE A-Z

956
1418, abril, 4 luns. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles ó alcalde de Lugo, Fernando Fernández, á súa muller e a unha voz cinco leiras de herdade e cortiña na cidade pertencentes á capela de San Marcos, por renda anual de dez marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, fs. 129 v.- 140 r.
       

Ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et dez et oyto anos, luuns, quatro dias do mes de abril.

Sabeam quantos esta carta de foro virem como nos o chantre et persoas coengos et benefiçiados et omes boos da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo por campaa tangida dentro en o coro da dita iglesia por campaa tangida (sic), segundo que avemos de uso et de custume, avendo primeyramente noso consello et deliberaçon et de consintimento et outorgamento de don Juan Martines, deam de Lugo, et amystrador do mes de agosto con a Capela de San Marco sita en a çiudade de Lugo, que esta presente et outorgante, damos aforo et avervo a vos Fernan Ferrnandes de Goyos, alcallde de Lugo, et a vosa muller, Aldara Gomes, et a outra persoa qual o pustrumeyro de vos nomear en vida ou a tempo de seu finamento, çinquo leyros de herdade et de cortinas, que son da dita Capela de San Marco, que iasen dentro en a dita çiudade de Lugo a o Carvallal, os quaes son estas que se siguen (espacio en branco e segue)  et os quaes son sub o dito signo da dita Capela de San Marco, a a tal pleyto et condiçon que vos et a dita vosa muller et persoa tenades os ditos leyros et cortinas de suso conteudos, lavrados et ben reparados et en boo paramento; et dedes et pagedes deles de foro et penson en cada hun ano a o dito Juan Martines, dean, ou a aquel ou a aqueles que foren amistradores da dita amystraçon de agosto, des maravedis de moneda vella et de longos en cada hun ano por dia de San Martino de novembro en pas et en salvo en a dita çiudade de Lugo. Et outrosy con condiçon que a pustrumeyra persoa que suçeder en o dito foro seia tiuda et obligada de viir reçeber o dito foro do dito cabidoo et mostrar como he persoa del do dia que en / el suçeder et quedar por persoa ata triinta dias primeyros seguentes, et eso meesmo que vos, o dito Fernan Ferrnandes, seiades para onrra et prol do dito cabidoo et benefiçiados da dita iglesia de Lugo et de cada hun delles, sub pena de perder o dito foro; et a finamento da pustrumeyra persoa que suçeder en o dito foro que as ditas herdades et cortinas fiquen labradas et bem reparadas a a dita Capela de San Marco et iglesia de Lugo con todos los boos paramentos que en eles foren feytos.

Et eu, o dito Fernando Ferrnandes, que presente estou por min et por la dita mina muller et persoa que suçeder en o dito foro asy reçebo este dito foro de vos, o dito dean, et cabidoo et obligo meus bees et seus de o conprir et pagar et atender en todo et por todo segundo et en a maneyra que dita he. Et nos, o dito cabidoo, con consintimento do dito dean et amistrador asy llo outorgamos. Et porque esto seia çerto nos as ditas partes rogamos et mandamos a o notario iuso escripto que fesese desto duas cartas de foro anbas feytas en hun tenor huna para nos, o dito cabidoo, et outra para vos, o dito Fernan Ferrnandes, et vosa muller et persoa, et as signase de seu signal, et por mayor firmedue mandamos seelar a carta de vos, o dito Fernan Ferrnandes, con o sello do dito cabidoo.

Feyta et outorgada dentro en o coro da dita iglesia, era et dias et mes susoditos.
Testemoyas que foron presentes et outorgaron esto que sobredito he: o dito don Juan Martines, dean; et don Afonso Lopes, chantre de Lugo; et don Diego Alvares, arçidiago de Neyra; dom Lopo Dias, mestrescola; don Rodrigo Afonso, juys; Lopo Ferrnandes, Afonso Teyxeyro, Fernando Rodrigues, Juan Dias, Juan Lopes, Afonso Ares, Nuno Gomes, coengos; Afonso Rodrigues, Fernando Fernandes, Fernan Rorigues, Roy Ferrnandes, raçoeyros da dita iglesia de Lugo; Mestre Juan, porteyro; Fernando Yanes, sancristan, et outros.

(sen subscrición).