GMH/ÍNDICE A-Z

191

1467, xullo, 1. Santiago de Compostela.
O arcediago de Abeancos, na Catedral de Lugo, Fernando Basanta, como nuncio apostólico, dispón que se deixen libres á Catedral de Mondoñedo os préstamos de Loiba, San Pedro de Viveiro, A Devesa, Santiago de Foz e San Bartolo de Monte, unidos á Mesa Capitular en virtude de bula do papa Nicolás V.
A, papel, que conserva no reverso restos do selo de cera vermella, de 435 x 305 mm. Letra cortesá.
Ed.: e. cal pardo: “De Viveiro en la Edad Media”, op. cit., pp. 314-215.

Don Fernando Basanta arçediano de Aveancos enna iglesia de Lugo subdiacono do noso muy santo Padre et nunçio da santa See / apostolica ennos reynos et sennorios d-Espanna a vos os feligreses et parrochianos das parrochiaas yglesias et benefiçios de san / Juliaao de Loyba et de Santaaya da Deuesa et de Santiago de Fos et de sant Pedro de Vibeyro et de sant Bertholomeu do / Monte et a todas las outras et quaesquer personas eclesiasticas et seglares da çibdade et obispado de Mondonedo de qualquer orden / estado et condiçion que sejan et a cada vn et qualquer de vos a quen esta nosa carta for mostrada soude en Deus et aos nosos / mandados que mays verdadeyramente son apostolicos firmemente obedesçer. Fasemosvos saber que paresçeu ante nos Ruy Vaasques raçoeyro / da dita yglesia de Mondonedo et nos mostrou et presentou çertos tytulos et prouysoes et vnion das duas septimas de san Juliaao de Loyba / et oytauo et medeo de Sataalla da Deuesa et meatad syn cura de Santiago de Fos et outauo et medeo da yglesia de san Pedro de Vibeyro / et terçia parte de san Bertholomeu do Monte benefiçios sen cura sytos ennas ditas parrochiaas yglesias por las quales ditas escripturas constaua / et paresçia os ditos benefiçios sen cura ser vnidos et incorporados aa mesa capitular do calbildo da dita iglesia de Mondonedo segundo esto / et outras cousas mays cunplidamente se conten et son contiudas ennas ditas escripturas de vnion et prouision que o dito Ruy Vaasques en seu poder / leuou para guarda do dereito do dito cabildo et seu en seu nomme et pedeunos enno dito nomme que por quanto se temia et reçelaua que alguas / personas por syniestra informaçon que se se ententase ynpetrar et gaanar de nos alguas prouisoes tan çertas dos ditos benefiçios / et de cada hun deles ou ynpetrase deante nos outras causas ao dereito do dito cabildo perjudiçiaas non sendo eles chamados oydos nen vençidos / primeyramente sobre os ditos benefiçios et posison deles segund os dereitos en tal caso permiten do qual ao dito cabildo se podria recreser / graues males et danos. Por ende quia iacula preuisa minus feriunt nos pediron et suplicaron que de noso ofiçio nunçial lles dese/mos a presente carta enna forma en ela contiuda para vos os susoditos feligreses et parrochianos das ditas iglesias et benefiçios et de cada / vn deles para que sen enbargo et inpedimento de qualesquer nosas cartas et prouisoes en contrario dadas fasta oy et de aqui endeante lles / mandasemos responder et recudir con todos los desemos et premiçias et outras quaesquer eclesiasticas dereyturas aos ditos benefiçios perteesçentes / segunt que lles avian recudido fasta agora et segund de dereito lles perteesçe. Por ende vos desimos et mandamos en vertud de santa / obediençia et so pena de escomoyon por la dita abtoridad apostolica de que en esta parte vsamos que les respondades et recudades con todos los / ditos desemos et dereituras eclesiasticas dos ditos benefiçios et os non perturbedes nen molestedes nen vos entrometedes de perturbar nin molestar / sobre la dita sua posison que asy toueron et teen dos ditos benefiçios et se algua carta paresçer en contrario desta que lle non obedescades / fasta que dito cabildo seja oydo et vençido a dereito por donde deue et commo deue. Pero se algun ou alguuns se sentiren seer agrauiados / desta nosa carta et mandamento nos lles damos et asignamos por lo test[...5] da presente termino de noue dias primeyros seguintes a que / parescan ante nos a diser et alegar de seu dereito et eles paresçendo nos oyrlos emos con o dito cabildo et a cada hua das partes guardaremos / seu dereito. Dada enna çibdad de Santiago o primeyro dia do mes de julio anno do Sennor de mill et quatroçentos et sasenta et sete annos.
FERNANDUS BASANTA ARCEDIANUS subdiaconus et apostolice Sedis Nunpcius. Gundisaluus Johannis Manso, notarius apostolicus (Rúbrica).

(Reverso):
Foy liuda esta carta en la iglesia de san Gillao de Çeltigos a la Misa mayor por que en la iglesia de san Jullao / de Loyba non ouuo Misa et o clerigo dela et fiigleses estan la mayor parte deles en la dita iglesia / de san Gillao de Çeltigos segund que de juso fase mençion a la honrra de vn falesçido la qual se leeu / en persona de Juan do Porto clerigo da dita iglesia de Loyba a des et nove dias do mes de jullio anno / de mill et quatroçentos et sesenta et sete annos et presentes Juan de Trasancos et Pedro Fernandes da Retorta et Juan de Çerdido / et Ruy de Morado et o Brauo et Afonso Dias et Afonso Vidal et Juan Martines et Juan Domingo et Pedro de Arelle et / Afonso de Moinos et Pedro de Fontenla fligeses da dita iglesia de Loyba la qual foy liuda / a pedimento de Afonso Martines canoigo da iglesia de Mondonnedo et commo seu procurador et foron testigos da letura / Fernando da Seara de san Pedro de Biueiro et Fernando Afonso et Pedro Gomes et outros et o dito Juan do Porto clerigo pedeu traslado. (Sinatura ilexible).