GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

249
1328, outubro, 31
Tareixa Pérez confirma a venda que o seu fillo, Fernán Pérez, lle fixo a Xoán Mazaos de herdades e casas en Suyllay e Milleirós.
 MADRID, AHN, Carp. 1332 C/25, perg. orix., galego, gótica cursiva, 214x104 mm.

Sabeam quantos esta carta viren commo eu Tereyia Peres, muller de Pedro Moordomo, pedreyro, que foy de Lugo, outorgo et aio por firmes et por estavelles para senpre todallas vençoes dos herdamentos et cassas que Fernan Peres, meu fillo, feço a vos Iohan Maçaas, correeyro, et a vossa muller Moor Peres, en qualquer maneira que vo-llas el feçesse et vendesse, en Suylay et en Milleyros et en todos seus termynos et alur hu quer que vo-llas el fesesse, et renunçio et prometo en boa \fe/ que nunca contra ellas vena nen passe, nen contra cada una dellas por min nen por outren, en iuyço nen fora de iuyço. Et se contra ellas ou contra cada una dellas veer ou passar, por min ou por outrem, mando et outorgo que me non valla nen seia oyda sobr’ello, nen aproveyte a min nen enpeesca a vos. Et que esto seia çerto roguey a Aras Peres, notario publico de Lugo, que fesesse ende esta carta.

Que foy feyta postremeyro dia d’outono, era de mill et CCC LXVI annos.

Testemoyas: Iohan Muniis, Fernan Eanes de Meylay, Pedro Aras et Pedro Eanes, carniçeyros, et outros ts.

Et eu Aras Peres, notario publico de Lugo, dado pe-llo bispo desse miismo lugar, a esto pressente foy pressente (sic) et esta carta escrivi et puge en ella meu signal en testemoyo de verdade. (+).