GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

685
1368, abril, 10. Lugo
O Cabido de Lugo engade unha condición máis no foro, outorgado a Rui López, dun casal en Santiago de Saa.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 79r.

Item en este dia et era sobredita (CD n.º 684) en presença de min, o dito Gonçalvo Peres, notario, et por ante as ditas testemoyas de suso scritas, fuy posta condiçon entre los ditos dayan et cabidoo et o dito Ruy Lopes en esta maneyra con790 ven a saber: que o dito dayan et cabidoo quitou logo a o dito Ruy Lopes os ditos quinçe moravedis do dito foro por vida de Costança Gomes, dona do moesteyro de Santa Maria de Ferreira de Lemos; et que o dito Ruy Lopes desse et pagasse, de cada anno, a a dita Costança Gomes tres terças de pan qua ella avia de aver de cada anno por lo dito cassal por vida dela. Et o dito Ruy Lopes asy reçebeu a dita condiçon et prometeu de a comprir en todo, et de pagar de cada anno as ditas tres terças de pan por lo dito dayan et cabidoo a a dita Costança Gomes. Et para elo obligou sy et seus beens et por la pesoa que for nomeada enno dito foro. Et se con mingoa da paga do dito pan requesçer dapnno ou perda a o dito dayan et cabidoo en alguna maneyra que seia tiudo a pagarla et relevarlos dela et quitar a salvo a todo tempo.

Et eu Gonçalvo Peres, notario publico de Lugo por lo obispo dese lugar, a esto que dito he presente foy et aqui puge meu signal.