GMH/ÍNDICE A-Z

328
1355, marzo, 10
foro

O cabido, a rogo do bispo Xoán e comprobando que as herdades non se traballaban desde o ano da mortaldade, consente no foro anterior.

ACOu, Escrituras XX, 89

(ed. M. Castro / M. Martínez Sueiro, Colección de Documentos del Archivo de la Catedral de Orense, I, 311-321)

Era de mill e tresentos e noveenta e tres annos, des dias do mes de março. Sabbean quantos esta carta viren que en presença de min Roy Fernandes notario publico da çidade d’Ourense porlo bispo e porla igleia dese lugar e das tests. adeante escriptas, seendo juntado o cabidoo da igleia d’Ourense por canpaa tanjuda eno curral do onrrado padre e señor don Johan porla graça de deus e da santa igleia de Roma bispo d’Ourense, presentes y o dito señor obispo e don Pero Suares dean e outras pesonas e coengos da dita igleia, pareçeu Alvar Sanches escudeyro et pedío por merçee ao dito señor obispo que rogase aos ditos dean e cabidoo que lle quysesen outorgar as herdades que o dito señor obispo lle aforara, as quaes son estas que se adeante seguen: primeiramente huun baçellar con dous agros de pan que estan juntados con o dito baçellar. Iten outra seara que ias açima da igleia de Rante. Iten en outra parte herdades que tiina Tome Martines de Cas do Meendo, as quaes el reçebera porlas maas paranças et as quaes erdades perteeçen aos casares do Cabo. Iten en outra parte os casares anbos de Curraes e o do Rio e huun paaço que esta en Rante que foy de Migueel Martines e outra casa que foy do cabidoo. Iten en Mesqyta o casar de Çedofeita con dous agros e mea da cortyna da Igleia e o casar do Camyno e o da Conpostella e o de Veyves. Et logo o dito señor obispo disso aos ditos dean e cabidoo que el que afforara estas sobre ditas herdades ao dito Alvar Sanches e a Thereyia Anes sua moller e a toda sua vos para senpre por quanto as ditas herdades estavan hermas e perdudas e se non lavravan e el perdia os foros dellas delo anno da mortaldade a aca et entendia que era boa parança, et por ende disso que visen os aforamentos que el fezera ao dito Alvar Sanches et se visen que era boa parança que llos outorgasen. Et os ditos dean e cabidoo veendo que os ditos aforamentos foran feitos commo devian e a prol da messa do dito señor obispo diseron que outorgavan e avyan por firmes os ditos aforamentos que o dito señor obispo fesera das ditas herdades ao dito Alvar Sanches e aa dita sua moller e a toda sua vos para senpre. Et desto mandaron a min notario sobre dito que fesese ende huna carta a mays firme que se podese faser e a dese ao dito Alvar Sanches con meu nome e con meu signal. Et eu de meu ofiçio deylle ende esta carta, que foy feyta en Ourense no dia, mes e era sobre ditos. Tests. que presentes foron Estevo Peres reytor da igleia de San Viçente d’Enfesta, Johan Afonso e Tome Anes capellaes de Santa Oufemia, Pero Fernandes reytor da igleia de Santa Maria de Toeran e Johan Garçia porteiro do cabidoo da igleia d’Ourense.

Et eu Ruy Fernandes notario sobredito que a esto presente foy et por mandado et outorgamento dos ditos dayan et cabidoo esta carta en myña presença fige escrivir et meu synal aqui puge en testemuyo de verdade que tal he.

(sinal)