GMH/ÍNDICE A-Z

E1-3
1436( ), abril, 11
O procurador insta ao Concello a adoptar medidas para remediar a alteración da orde que se produce na cidade. (fol. 1-1v)
A XI dias do dito mes /de abril\ do dito anno en Ourense, ennas casas de Garçia Dias d’Espinosa, presentes y o dito Garçia Dias, Alvaro Afonso, Estevo Fernandes, Gomes de Chantada rejedores, Afonso Anriques juis, Afonso de Meende procurador do dito conçello, logo o dito Afonso de Meende tomou tests. contra os ditos rejedores, juises, presentes e ausentes, que por rason que eran feitos moytos (fol. 1)
males e dapnos enna dita çibdade, que ordenasen et fesesen e visen os dito males e dapnos e agraveos e fesesen de todo enformaçon en tal maneira que posesen remedio en elo para que a justiça de noso señor el rey e do bispo d’Ourense fose conprida e os vesiños da dita çidade vivisen en rega et en justiça, senon que protestava etç. et que o daría por escripto mays conpridamente etç. Et os ditos juises e rejedores diseron que o desen con sua resposta et que eran logo prestes de faser e ordenar aquelo que fose serviço de deus e do dito señor rey e do dito señor obispo e pro comun dos vesiños da dita çibdade. Tests. os ditos rejedores.