GMH/ÍNDICE A-Z

318

xullo, 10

Sentencia dos xuíces para que Rodrigo Anes libere a Xil de Dacón da fianza que lle concedeu por unha bésta do escudeiro Nuno de Armas, quen lle collera a el varios bens. (fol. 99-99v)

Loys Gonçalves e o conçello e Rodrigo Yanes.
Feita e dada a Gil de
Dacon.

Et despois desto, des dias do dito mes, en Ourense, ante Loys Gonçalves, enna Rua das Tendas, Gil de Dacon tomou testemunyo e requerio ao dito juis que lle fesese a Rodrigo Yanes que o quitase de Nuno dArmas escudeiro da fiadoría de huna beesta en que o me (fol. 99)
tera por quanto o \lle/ pinora por elo dous boys et hun capuço et huna espada, senon que o estimava a mill .- con as custas etç. et o dito Rodrigo Yanes diso que era prestes de pagar por ela quanto julgasen dous beesteiros que ela valía ou que o dito determinasen en elo que ela valía, et o dito juis mandou ao dito Rodrigo Yanes que fose ou enviase logo ao dito Nuno dArmas e levase a dita besta e o contentasen e fesese dar suas prendas ao dito Gil de Dacon, senon que lle fose tiundo a todo o mal e perda que ao dito Gil de Dacon veese e ao dito conçello e as partes consentiron etç. Tests. Joan de San Lourenço, Gomes de Chantada, Alvaro Afonso de Loys Gonçalves.