GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

143
1322, xullo, 17

reclamación

O cabido reclámalle a Ares Iáñez 1100 mrs. de atrasos de vinte e dous anos, a razón de 50 mrs. anuais, polo lugar de Fontelo, que lle arrendou xunto cos de Ceín e Noalla, e requirille ademais que os teña todos ben labrados. O dito Ares Iáñez responde que non debe pagar senón 650 mrs. anuais e que ten ben traballados os citados lugares.



ACOu, Escrituras XVII, 73



Era de mill e ccclxª annos, xviiº dias de julio. Conosçuda cousa seia a todos que en presença de min Lopo Sanches notario jurado en Ourense polla igleia desse lugar e das tests. adeante escriptas, Ares Peres da Touça clerigo do coro d’Ourense que se dizia procurador do cabidoo desse lugar en nomme do dito cabidoo disso e frontou a Ares Anes alcayde morador en Ourense na rua Nova que commo o dito Ares Anes tevesse do dito cabidoo arrendado o lugar que dizen Fonteello xxeii annos fossen passados e ouvesse a dar en cada hun anno ao dito cabidoo de renda seteçentos mor. de brancos da moeda branca del rey don Fernando e o dito Ares Anes non pagasse ao dito cabidoo en cada hun anno mays de dclª mor. da dita moeda et assy ficaassen por pagar lª mor. que montavan no dito tenpo mill e c mor. da dita moeda. Por ende amoestou e frontou ao dito Ares Anes en nome do dito cabidoo que pagase ao dito cabidoo os ditos mill c mor. Outrossy amoestou e frontou que lavrasse e parasse ben os herdamentos do dito lugar do Fonteello e de Çein e de Noalla que tiiña do dito cabidoo en tal maneira que non desfalleçessen por mingoa de lavor e de boon paramento, se non que o cabidoo faria aquelo que fosse dereito e de seu custume. Et Ares Anes disso que el non ouvera de dar ao dito cabidoo de renda do lugar de Fonteello mays de dclª mor. da dita moeda e que los pagara cada anno. Et quanto era da fronta que le fasia o dito Ares Peres por razon dos ditos herdamentos disso que os tiiña ben lavrados e ben parados e que faria sua puña ennos lavrar o mellor que podesse. E de commo esto passo o dito Ares Peres pidío a min notario sobre dito hun publico estromento, et eu deille este, que fuy feyto en Ourense na era e dia sobre dita. Tests. Miguel Dominguez moordomo do dito cabidoo, Martin Dominguez seu yrmao, Affonso Eanes da rua dos Çapateiros, Domingo Peres de San Çibrao.

Et eu Lopo Sanches notario sobre dito que a esto fuy presente e o escripvi e puge aqui meu nome e meu signal que tal he.

(sinal)