GMH/ÍNDICE A-Z

177

1421, xullo, 27.
O Concello é sabedor e dá a súa conformidade ó disposto polo Rei Juan II, en carta do 10 de xullo, para que non se obedeza o disposto polo arcebispo don Lope de Mendoza sobre pagamento dos repartos feitos polo prelado sen o permiso do monarca.
O Concello e vigairos das confrarías ordenan ó procurador que dea 150 maravedís ó crego Juan de Boado polo seu traballo de armar e procurar o relogio da igrexa catedral.

Viinte e sete dias do mes de julio, este dito dia seendo o conçello e alcalles e regidores, jurados e omes bõos da çidade de Santiago juntados enno moesteiro de San Payo d’Ante Altares da dita çidade por crida de anafil segundo que an de uso e de costume, presentes ende Martin Serpe e Gomes Rodriges, bachiller en Decretos, alcalles, e Fernan Gonçales do Preguntoiro, Martin Galos, Afonso Fernandes Abril,Juan Ares da Cana, Sancho Sanches de Moscoso, jurados da dita çidade e presente outrosy hũa gran parte da comunidade e vigarios das confrarias da dita çidade e en presença de min Fernan Yanes, notario publico de noso señor el rey enna sua corte e en todos los seus reynos e escusador por Roy Maartines, notario publico jurado da dita çidade e dos testemoyas adeante escriptos; enton paresçeu enno dito conçello Juan Yanes, criado e moordomo de Ruy Sanches de Moscoso, cavaleiro, e presentou e feso leer enno dito conçello hũa carta de noso señor el rey don Juan, escripta en papel e firmada de seu nome e seelada de sue seelo da puridade ennas espaldas posto sobre çera colorada, da qual seu thenor he este que se sigue:
 Don Juan, por la graçia de Dios, rey de Castilla, de Leon, de Toledo, //
(Fol. 92)
de Gallisia, de Sevilla, de Cordova, de Murçia, de Jahen, del Algarbe, de Algesira, Señor de Viscaya e de Molina, a todos los conçejos e alcalles e cavalleros e escuderos e regidores e ofiçiales e omes buenos de la çibdad de Santiago e de todas las villas e lugares de su arçobispado e a qualquier o a qualesquier de vos a quien esta mi carta fuere mostrada o el traslado della signado de escrivano publico, salut e graçia. Sepades que a mi es fecho entender que don Lope de Mendoça, arçobispo de Santiago ha llamado e fecho llamar gentes sen mi liçencia e mandado, para en uno con otros grandes de mis regnos faser ayuntamiento dellas por boliçar e escandaliçar los mis regnos e señorios, para lo qual dis quel dicho arçobispo echo e mando echar e repartir por los vasallos e terra del dicho arçobispado grandes quantias de morabedis de pedidos o de enprestido o en otra manera; e yo, considerando el deserviçio que por ello me podria venir e el daño e mal de los dichos mis regnos asy como rey e señor lo devo evitar e escusar, por lo qual es mi merçed que non sea dado nin pagado al dicho arçobispo cosa alguna de lo quel asi mando echar e repartir, porque vos mando a todos e a cada uno de vos que non dedes nin pagedes nin consintades dar nin pagar al dicho arçobispo nin a otro alguno en su nonbre cosa alguna de lo que dicho arçobispo asi echo e mando echar e repartir por vosostros o por algunos de vos asi de pedido como de enprestido o en otra manera qualquer, porquel non pueda con ello ayuntar gente nin faser otro bolliçio sin liçençia e mandado. E por esta mi carta mando a Ruy Sanches de Moscoso e a todos los otros cavalleros e escuderos que viven e moran e comercian en ese arçobispado que en caso que algunos quieran coger e pagar el dicho pedido o enprestido o otra cosa alguna, que gelo non consientan e que los apremien para que gelo non puedan faser nin lo fagan, e los unos nin los otros non fagades nin fagan ende al, so pena de la mi merçed e de lo que havedes e mando so pena de la privaçion del ofiçio a qualquier escrivano publico que para esto fuere llamado que de ende testimonio sin dinero porque yo sepa como cunplides mi mandado. Dada en Arevalo dies dias de jullio, anno del naçemento de Nuestro Señor Jesucristo de mill e quatroçientos veynte e un annos Yo el rey.- Yo Sancho Romero la fis escrivir por mandado de nuestro señor el rey.- A qual  carta presentada e liuda segundo que de suso fas mençon o dito Juan Yanes pedeu a min o dito notario e escusador testimoyo e testimoyos signados para garda do dereito do dito señor rey e do dito Roy Sanches por cujo mandado diso que presentava e fasia publicar a dita carta. E o dito conçello, alcalles, regidores e omes bõos e comunidade e vigarios que presentes eran diseron que obedescian a dita carta con a mayor reverençia que devian asy como a carta de sue rey e señor natural a o qual Deus mande viver e reynar por moytos tenpos e boos e que en eles non foran nen eran repartidos morabedis algunos de pedido nen enprestido por lo dito señor arçobispo nen por outro en nome del nen o pagaren nen entendian de pagar. Testemoyas que foron presentes, Fernan Ares Xarpa e Pero Eans Abraldes e Vasco Peres Abril, Juan Ares Chantreiro, Vasco Gomes de Marçoa, Fernan Gomes, Garcia Rodriges e Fernan Yanes Abraldes, vesiños da dita çidade. Despois desto en este dito dia estando enno coro da igllesia de Santiago e estando ende presentes Afonso Fernandes de Leon, cardenal enna dita igllesia cabidos e autos capitulares por don Afonso Garcia de Santa Maria doctor en Leys, dean enna dita igllesia e Fernan Rodriges de Betanços, bachiller en Decretos, vigario enno dito deadgo por Dean e Jacome Fernandes //
(Fol. 92 vº)
e Pero Vasques e Roy de Veis cardeaes enna dita Igllesia e en presença de min o dito notario e escusador e dos testemoyas adeante scriptos paresçeu o dito Juan Yanes e notifiqou e feso leer a dita carta en persona dos ditos vigarios e cardeaes e pedio testimoyos e os sobre ditos diseron que obedeçian a dita carta con a reverençia que devian asi como carta de seu rey e señor natural e que lle desen dela o traslado e averian sobrelo sua deliberaçon e darian sua resposta. Esto foy enno dito lugar, dia, mes e anno sobre dito testemoyas que a esto foron presentes: Juan de Siguença e Estevoo Fernandes e Pero Fernandes de Tribaldes e Pero Fernandes de Grumma e Lopo Dias e Roy Garcia, coengos da dita Igllesia e Fernan Afonso e Pero Garcia e Roy Gonçales, racioneiros de Santiago.
Predito.- O dito conçello, alcalles, regedores, jurados e homes bõos (e vigarios das confrarias da dita çidade)49 mandaron a Ruy Freyre, procurador do dito conçello que de quaesquer morabedis que por eles recabdase que dese e pagase a Juan de Voado, clerigo, çento e çinquoenta morabedis, branqua en tres dineiros que por seu traballo de armar e procurar o relogio que esta enna igllesia cathedral de Santiago avya de aver este anno que anda e que lle seerian reçebydos en conta. Testemoyas: Juan Gonçales da Cana e Pero Eanes Abraldes e Afonso Eanes de Malpiqua e Juan Fernandes da Cana, visiños da dita çidade.


48 O contido entre corchetes está escrito sobre a liña.

 

Materias

branca; catedral; confraría; coro; débeda; diñeiros; escusador; escusador; exército; fidalgo; fisco; mandamento; marabedí; mercador; pagamento; papel; pedidos; provisión; publicación; recadador; reloxo; repartimento; selo; vigairo; violencia; xornal; xurisdición; mosteiro

Persoas

Afonso Eáns de Malpica; Afonso Fernández Abril, rexedor de Santiago de Compostela; Afonso Fernández de León, cardeal de Santiago de Compostela; Afonso García de Santa María, doutor en leis e deán de Santiago de Compostela; Estevo Fernández, cóengo de Santiago de Compostela; Fernando Afonso, racioneiro de Santiago de Compostela; Fernando Ares Serpe; Fernando Eáns Abraldes; Fernando Eáns, notario público; Fernando Gómez; Fernando González do Preguntoiro, rexedor de Santiago de Compostela; Fernando Rodríguez de Betanzos, bacharel en decretos e vigairo do deán; García Rodríguez; Gómez Rodríguez, bacharel en decretos e alcalde de Santiago de Compostela; Lope de Mendoza, arcebispo de Santiago de Compostela; Lope Díaz, cóengo de Santiago de Compostela; Martiño Galos, rexedor de Santiago de Compostela; Pedro Eáns Abraldes; Pedro Fernández de Gruma, cóengo de Santiago de Compostela; Pedro Fernández de Tribaldes, cóengo de Santiago de Compostela; Pedro García, racioneiro de Santiago de Compostela; Pedro Vázquez, cardeal de Santiago de Compostela; Roi Fernández de Veix, cardeal de Santiago de Compostela; Roi García, cóengo de Santiago de Compostela; Roi González, racioneiro de Santiago de Compostela; Roi Martínez de Carballido, notario público; Roi Sánchez de Moscoso, cabaleiro; Sancho Romero, escribán; Sancho Sánchez de Moscoso, rexedor de Santiago de Compostela; Vasco Gómez de Marzoa; Vasco Pérez Abril; Xácome Fernández, cardeal de Santiago de Compostela; Xoán Ares Chantreiro; Xoán Ares da Cana, rexedor de Santiago de Compostela; Xoán de Boado, crego do coro; Xoán de Sigüenza, cóengo de Santiago de Compostela; Xoán Eáns, criado e mordomo; Xoán Fernández da Cana; Xoán González da Cana; Xoán II, rei de Castela; Martiño Serpe, alcalde de Santiago de Compostela

Outros

Altamira; Castela, reino; Galicia, reino; Santiago de Compostela, arcebispado; Santiago de Compostela, cabido; Santiago de Compostela, concello; Santiago de Compostela, igrexa; San Paio de Antealtares

Lugares

Algarve; Alxeciras; Arévalo; Biscaia; Castela; Córdoba; Galicia; León; Molina; Murcia; Santiago de Compostela; Sevilla; Toledo; Xaén