GMH/ÍNDICE A-Z

63

1418, xaneiro, 6.
Fernan Aras Xarpa, ciudadano de Santiago, declara ter recibido do procurador do Concello, 1.700 maravedís que o Rei lle fixera mercede dos marcos que lle correspondían na cidade.

Seis dias do mes de janeiro. Sabean todos que eu Fernan Aras Xarpa, cidadao de Santiago, outorgo et connosco que reçeby de vos Alvaro Gil, procurador do conçello da dita çidade, mill et septeçentos moravedis, branqua a tres dineiros, os quaes moravedis me foron livrados enno dito conçello por Diego Fernandes de Leon, recabdador mayor por noso señor el rey enna dita çidade et arçobispado de Santiago este anno da feita desta carta segundo se conten en hũa sua carta de livramento firmada de seu nome, a qual vos dou et entrego en presença do notario et testemoyas infra scriptos et os quaes moravedis son dos marquos que dito señor rey ha en cada ũu anno enna dita çidade, os quaes marquos eu del teño en merçed en cada ũu anno et os quaes moravedis dos ditos marquos son do anno pasado de Noso Senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et des et septe annos et renunçio a toda eixepçon que non diga ende o contrario et a ley do aver non dado contado visto et reçevido en presença do notario et testemoyas et a a ley que dis que se pode opoer esta eixepçon en çerto tenpo et eu o dito Alvaro Gil en nome do dito conçello asy o reçebo. Testemoyas que a esto foron presentes: Pero Leiteiro et Afonso Rodrigez, canbeadores et Domingo Longo et Fernan Beeites, serventes do dito conçello.