GMH/ÍNDICE A-Z

506
1347, novembro, 27. Lugo
Cláusula testamentaria de Maior Pais, que lega á igrexa lucense, para o seu aniversario, unhas leiras de herdade en Pipín.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 56r, traslado ao Libro do Cabido polo notario Fernando García: 1347-XI-27; Libros, lib. 6289 con referencia ao Lib. A, fol. 56.

Era de mill et CCC LXXXª et çinquo annos, viinte et sete dias de novenbre.

En presença de min Fernando Garçia, notario publico del rey en Lugo, et das testemoyas subscriptas, dom Arias Pellaes, arçidiago de Deçon, mostrou ante don Martin Perez, iuyz de Lugo, hun testamento de Moor Pelaes, sua hirmaa que fuy, o qual era signado con signal de min notario sobredito, enno qual testamento entre las outras coussas se continna esta clausula que se sigue: « Item mando por aniversario por minna alma a a iglesia de Lugo as minnas leyras de herdade que iasen en Pipin, yndo para Alveyros, que eu aio et se partem con outra de Iohan Tempo, que me façan cada anno un aniversario etc...». D’aqual clausula o dito arçidiago pidio a o dito iuyz que desse autoridade a min notario que a trasladasse aqui en este livro do cabido porque fezesse fe para senpre, et a signasse con meu signal. Et o dito iuyz deu autoridade a min, notario sobredito, que a trasladasse aqui sub meu signal.

Testemoyas que foron presentes: Domingo Martines, alcalle de Lugo; Rodrigo Eanes, Pedro Ferrnandes, Affonso Yanes, clerigos do coro, et outros moytos testemoyas.

Et eu Fernando Garçia, notario sobredito, a dita clausula do dito testamento saquey con autoridade do dito iuyz et pugea en este livro do cabidoo et puge y meu sinal.